Logo do éxito e interese que espertou o Obradoiro de Robótica organizado por AULUSC en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia na última edición da Xuventude Galiza Net (XGN08), decidimos levar a cabo unha actividade na que poder fomentar o uso das plataformas libres neste eido: XCARFOS 08.
Con esta primeira edición, organizada polos grupos de usuarios de linux de Galicia AULUSC e GLUG, tratarase o uso de ferramentas open source para o control automático, con especial énfase nesta edición no uso de microcontroladores Atmel e a solución de open hardware Arduino...
De cando en vez un lee cousas que lle alegran o día, a nova non é tan nova, pero creo que merece a pena falar destas cousas
Super-Tirititran é un video-xogo en 2D Open Source con licenza Creative Commons ao estilo dos clásicos xogos de naves. O xogo está ambientado en Cádiz, cidade onde naceron os 3 integrantes de caninoStudios. Os escenarios, personaxes e ambientación do xogo son parte desta cidade.