Despóis dunha eternidade, conseguimos recuperar a web e pouco a pouco iremos restablecendo tódolos demáis servizos (listas de correo, webs asociadas, wiki). Foi un encadenamento de sucesos que implicou ós administradores de máquina, que o sitio de aloxamento non ten copias de seguridade, que os técnicos marcharon de vacacións, que os servidores DNS había que reconfiguralos...
Esperamos que pouco a pouco retomemos a actividade na rede ó 100% e que galpon.org siga sendo unha das vosas webs preferidas. Namentres, para salvar a falla das listas, suxerimos o uso dos foros ós que podedes acceder pola opción "foros da fala" do menú da esquerda.
GALPon.org preséntase cunha nova inteface gráfica froito do cambio de sistema de administración de contidos web. Mellorar o acceso da información e proporcionar novas ferramentas a todas aquelas persoas interesadas en promover e difundir o uso do Software Libre foi o que nos fixo escoller un novo esquema web baseado en Drupal, permitíndonos estar máis preto da Web 2.0