GALPon e Microsoft unidos polo mesmo fin pero non empregando os mesmos medios. Dispor de software de calidade en galego é un dos obxetivos que promove a asociación galega nas súas actividades, namentres que a multinacional norteamericana, multada en varias ocasións pola Unión Europea, anuncia as súas últimas versións do sistema operativo e suite ofimática traducidas ao galego.
GALPon defende e promove o emprego de Software Libre coma o sistema operativo GNU/Linux e a suite ofimática OpenOffice.org que levan no mercado máis de 5 anos traducidos ao galego...
"Pan para hoxe e fame para mañá", así definiríase a política de formación que está a levar adiante a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en relación á oferta de cursos para o funcionariado que discrimina negativamente o emprego de Software Libre e estándares abertos que promove o Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI), aprobado no parlamento galego o ano pasado.