estándares abertos

A plataforma de XADE da Consellería de Educación deberá cumprir estándares abertos

A Consellería de Educación saca a contratación o desenvolvemento de novos módulos de software da aplicación informática de Xestión Académica Das Ensinanzas (XADE) dos centros educativos non universitarios esixindo que estes módulos cumpran con estándares abertos non propietarios e que sexan compatibles con varios navegadores.

Basándose no emprego de tecnoloxías abertas coma J2EE, HTML 4.01, CSS ou OpenLDAP, entre outras, o desenvolvemento destes servizos deberá ter nivel de accesibilidade AA e ser multiplataforma. Ademáis toda a documentación deberá presentarse seguindo o estándar OASIS (OpenDocument Format - ODF) que emprega, por exemplo, a suite ofimática OpenOffice.

Campaña a favor do uso de estándares abertos nas institucións europeas

Leo en Barrapunto que se iniciou unha campaña en prol do uso de estándares abertos nas institucións europeas. O formulario para asinar a petición está dispoñible só en inglés. O texto completo da petición pode lerse en castelán.

Distribuir contido