automática

I Xornadas de Control Automático e Robótica con Ferramentas Open Source

Logo do éxito e interese que espertou o Obradoiro de Robótica organizado por AULUSC en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia na última edición da Xuventude Galiza Net (XGN08), decidimos levar a cabo unha actividade na que poder fomentar o uso das plataformas libres neste eido: XCARFOS 08.

Con esta primeira edición, organizada polos grupos de usuarios de linux de Galicia AULUSC e GLUG, tratarase o uso de ferramentas open source para o control automático, con especial énfase nesta edición no uso de microcontroladores Atmel e a solución de open hardware Arduino...

Distribuir contido