Dispoñibles os videos das II Xornadas de Programación Web en Software Libre celebradas do 23 e 27 de Xuño de 2008. Preto dunha trintena de vídeos con material das interesantes xornadas adicadas a temas relacionados coa programación web organizadas por OUSLI (OUrense Software LIbre).
Dende Ousli queremos anunciar estas próximas Xornadas que estamos a preparar e que terán lugar do 23 ao 27 de Xuño no edificio Politécnico do Campus Universitario de Ourense.
Mostralas posibilidades que as TIC, en materia de desenvolvemento web, ofrecen para levar a cabo proxectos integramente con Software Libre é o obxetivo das II Xornadas de Programación Web en Software Libre.
Decidimos organizar estas II Xornadas tralo éxito da primeira edición e esperamos que estas Xornadas convírtanse nun punto de encontro de referencia entre estudiantes, docentes, desenvolvedores web e profesionais das TIC en xeral.