Para un traballo como pretendemos do GALPon MiniNO X/GestiONG precisamos betatesters con algunha "rareza", dende logo precisamos de todos, pero especialmente de aqueles que esten vencellados no eido de xestión a algunha ASAL ou ONG para probar as aplicacións e a súa correcta implementación.
Para elo suxerimos dúas vias:
Apuntarse a lista do grupo en: http://groups.google.com/group/minino-distro?hl=gl
Enviar unha nota a: minino@galpon.org
Canta máis xente se preste a probala arreo máis posibilidades teremos de facer un traballo axeitado as necesidades das asociacións.
GestiONG é un programa de xestión administrativa e contable para organizacións sen ánimo de lucro desenvolvido baixo o modelo de software libre co obxectivo de ser utilizado en sistemas operativos libres como GNU/Linux. A versión actual permite a xestión da base social: contactos, altas e baixas, cotas, recibos, ...; a xestión contable adaptada ao novo plan contable do 2008 e unha incipiente xestión de proxectos.
GestiONG é, ademais, un proxecto situado firmemente en cuestións que incumben á liberdade de uso, ao tipo de organizacións ás que vai destinado e ao uso da linguaxe dos manuais e dos textos do programa.