O próximo día 18, coincidindo coa celebración do Día da libertade do software e no marco do Kernel 2010 que organiza a Asociación Cultural «Comunidade O Zulo» O equipo de desenvolvemento de GALPon MiniNo do Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon), presentaremos oficialmente a nova versión na que estivemos traballando ao longo deste ano. Con nome en clave "Alguadaira", este sistema operativo libre baseado en Debian Lenny, inclúe ducias de aplicativos seleccionados a conciencia para sacarlle partido aos nosos vellos ordenadores.
Xa temos dispoñible a versión candidada (RC) da nosa distro GALPon Minino Alguadaira (1.2). Ao xa comentado cando anunciamos a publicación da beta, engadimos algunhas melloras e/ou funcionalidades.
A imaxe .iso agora é unha imaxe híbrida, o que permite facer un USB Vivo (live) directamente, exactamente igual que se fose unha imaxe .img
Especial coidado nas instalacións especiais ou problemáticas. Agora MiniNo incorpora varias opcións de arranque para casos de hardware gráfico problemático:
Como tódolos anos, novamente GALPon imparte un Cursoo de Iniciación ao Software Libre e GNU/Linux na Universidade de Vigo.
Este próximo curso iniciase o 2 de marzo e rematará o 30 de abril, as clases serán de 16:00 a 19:00 tódolos martes e venres (agás os festivos). Terán lugar na Aula Informática 105 do edificio novo da E.T.S.E. Telecomunicacións
O curso está aberto a todo o público en xeral. e para os estudantes habilitan cretos de libre elección (2) ou E.C.T.S. (1). A inscrición está a berta dende hoxe.
Podedes ver todos os detalles e o temario aquí
Como sabrán estamos teniendo un problema temporal con el dominio blogdrake.net , en lo que se soluciona se esta usando blogdrake.org como dirección del sitio, en noticiasdrake se ha dado el aviso, por favor ayúdanos a difundirlo.
A continuación el codigo del aviso
Infórmanos o noso amigo René Mérou que ven de liberar o "Mapa conceptual do Software Libre".
Un pode explicar o rico mundo do software libre usándoo como guía ou incluso dalo en man sen ter que dar longas explicacións. O gráfico descríbeo de xeito intuitivo e usando as propias referencias que ten a xente sobre os conceptos relacionados co que é bastante rápido e evita que nos teñamos que lembrar de todo e que se poida dar unha explicación demasiado persoal ou emocional.
Está dispoñible en: catalán, danes, español, inglés, éuscara, interlingua, e galego
Como xa ven sendo habitual ó remate de cada curso, ainda que este con certo retraso, o
comezou o xoves pasado a entrega de equipos reciclados.
Nesta convocatoria entreganse 34 equipos a 27 asociacións sen ánimo de lucro, a maioría levan como software a versión Ronsel de GALPon MiniNo, outros poucos levan a versión GALPon MiniNo GestiONG e unha leva unha Ubuntu configurada no obradoiro do GRUVI para ser empregada como ferramenta de apoio a educación para miudos e mozos/as.
Na vindeira semán, ainda sen concretar se o venres ou o sabado, remataránse as entregas.
Hoxe presentase en Madrid o primeiro produto da empresa española iUnika. estes primeiros equipos desenvolvidos por iUnika encádranse na categoría dos UMPC (Ultra Mobile Personal Computer) e son computadores mini-pc portátiles, ultralixeiros (700 gramos de peso), que incorporan un sistema operativo completamente libre (GNU/Linux) con miles de programas de Software Libre. Asemade os seus materiais (bioplástico na carcasa) son respetuosos co contorno e algún modelo incorpora paneis solares para axudar na carga das baterías o que tamén contribúe a alongar o tempo de traballo autónomo.
Nestes pasados días encomendáronme que preparara uns equipos con Linux para uns coñecidos, tiña que mercar as CPUs e demais e facer a instalación.
A verdade é que pintado así, para quen coñece un pouco os nosos queridos SOs non supón problemas, pero quizais por iso canto máis sinxelo sexa todo, eu polo menos, valorámolo máis.
La comunidad hispanoparlante de usuarios de Mandriva Linux (BlogDrake) esta teniendo un problema temporal con el dominio blogdrake.net , los usuarios del sitio por favor diríjanse a <a href="http://blogdrake.org">http://blogdrake.org</a> , si no carga por favor limpien el cache de su navegador y traten nuevamente
obtido aquí: http://blogdrake.org/consulta/difunde-esta-noticia-en-tu-blog-blogdrake-...