galego

Blogaliza estrea a súa nova web

Blogaliza.orgA comunidade Blogaliza acolle a máis de 1700 blogues en galego (sobre temas literarios, educativos, blibiotecarios, deportivos, persoais, etc.) e máis de 6000 usuarios/as rexistrados/as. A portada de Blogaliza amosaba até agora o último publicado no blogomillo, todos os blogues escritos en galego, na propia blogaliza ou noutros sistemas, máis o directorio deste crecente blogomillo.

NOVOS SERVIZOS DA BLOGALIZA

O 1 de maio abrimos a nova Blogaliza, unha versión ampliada do habitual servizo de blogues en galego que integrará tamén noticias culturais actualizadas a diario, rede social, convocatorias de animación á creación artística e moitos outros contidos.

III Xornadas Audiovisuais

III Xornadas AudiovisuaisProfesionais do sector daranse cita no antigo rectorado para debatir e analizar os diferentes aspectos da industria do cine e da televisión, como a influencia dos novos hábitos do espectador na súa progresiva deserción das salas ou que facer co DVD e a piratería. No programa de actividades aparecen o representante da SGAE para Galicia e directivos de productoras audivisuais moi importantes.

Cambios e restos do audiovisual Galegos será o tema das III Xornadas que organiza o IES Audiovisual de Vigo. Celebrarase os días 25, 26 e 27 de novembro no antigo rectorado da universidade no Arenal.

Publicada a segunda edición do BrOffice.org Zine en galego

BrOffice Zine 2 en galego"A segunda edição chega pra consolidar o esforço do projeto BrOffice.org em realizar um trabalho sério e de qualidade, que tem por objetivo manter sempre bem informado sua comunidade e usuários sobre a suíte de escritório livre mais usada no mundo"...

GALPon e Microsoft, unidos por unha mesma causa

GALPon e Microsoft unidos polo mesmo fin pero non empregando os mesmos medios. Dispor de software de calidade en galego é un dos obxetivos que promove a asociación galega nas súas actividades, namentres que a multinacional norteamericana, multada en varias ocasións pola Unión Europea, anuncia as súas últimas versións do sistema operativo e suite ofimática traducidas ao galego.

GALPon defende e promove o emprego de Software Libre coma o sistema operativo GNU/Linux e a suite ofimática OpenOffice.org que levan no mercado máis de 5 anos traducidos ao galego...

Ousli libera FirefoxFalaGalego, un complemento para o navegador de Mozilla

O complemento FirefoxFalaGalego permite a tradución en liña dun texto do castelán ao galego, para realizar a tradución emprégase o servizo Opentrad.

O galego ten unha variante española, segundo Micro$oft

Segundo a configuración dispoñible no Internet Explorer 7 de Micro$oft, o galego ten unha variante dialéctica que é a española. Este feito demostra o pouco xeito que teñen de facer o software privativo, namentres o Mozilla Firefox contempla a lingua galega coma unha soa lingua sen vinculación ó castelán, que ven sendo a forma correcta.

Recursos para traducir aplicacións á Lingua Galega

Temos recursos dabondo, dispoñibles na rede e gratuitos, para axudarnos coa laboura de traducir dende a lingua nai do desenvolvedor á nosa lingua. Este é unha análisise viva dos programas xestores de cadeas de traducción e das ferramentas en liña (glosarios e diccionarios).

Este artigo vai paralelo á tarefa da documentación no wiki do recentemente creado Galiza Drupal Group, ó que animamos a xente a subscribirse para colaborar ou estar ó tanto dese proxecto.

Distribuir contido