GRUVI dispón nestes momentos de case 30 pc's listos para ser entregados as entidades que cumplan os requisitos habituais nas convocatorias.
Desta vez a novidade e que non se fai unha configuración de software única a partir de Guadalinex Mini, senón que en función das necesidades dos demandantes, amáis de axustar as características dos equipos, axustase o software instalado.
Como particularidade, nestes momentos hay unha serie de equipos que só son validos para "mergulladores na rede" e pouco máis, pouco procesador, pouco disco ríxido, ainda que con 64 MB de RAM, a mágoa e que esta RAM é EDO, polo que o seu rendemento pode enganar se pensamos noutros usos.
Dispoñemos tamén se escáneres e impresoras laser, que se adxudicarán en función das necesidades de cada proxecto.
Dentro do marco de colaboración que GALPon mantén co GRUVI, ofrecerase formación básica aos voluntarios e voluntarias para instalar e administrar a Guadalinex Mini. Realizado en colaboración coa Oficina de Voluntariado e Integración (OVI) e a Oficina do Medio Ambiente (OMA) da Universidade de Vigo.
Publican en "A Nosa Terra Diario" unha nova sobor da colaboración de GALPon coa Universidade de Vigo a través do GRUVI na reciclaxe de máquinas obsoletas (?)
Entresacado:
Montar computadores con pezas de aparatos vellos condenados ao lixo. Isto é o que fan no Grupo de Reciclaxe Informático da Universidade de Vigo (GRUVI), unha iniciativa única no país para regalar ordenadores a organizacións sen ánimo de lucro.
O pasado xoves 26/07 publicaronse duas novas (Realmente é unha partillada en dúas) no Faro de Vigo sobre o GRUVI e a colaboración que presta GALPon no proxecto de reciclaxe.
Deixovos os enlaces a edición dixital.
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=3063&pIdSecc...
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=3063&pIdSecc...
Ábrese a 2ª convocatoria para que as entidades sen ánimo de lucro soliciten material informático en desuso pola Universidade de Vigo, dentro do marco do proxecto GRUVI.