Como tódolos anos, GALPon estará presente o día 25 de xullo na carpa do Software Libre do Festigal. A nivel asociación o noso cometido é informar da nosa laboura na provincia que nos atinxe e darnos a coñecer ó resto do mundo.
A nivel socios, é o día onde nos xuntamos con moita máis xente de Galiza relacionada co SL, i entre nós tamén. Por iso, como anos anteriores, estades invitados tódolos socios de GALPon á comida que temos no propio Festigal.
No mes de xullo bótase a andar, en base a un convenio entre a USC e a Consellería de Innovación e Industria, a Oficina de Software Libre da USC. Para facerse cargo da mesma, precísanse dúas persoas a tempo completo, unha como coordinador e outra como técnico, con experiencia no mundo do software libre.
O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza, como parte da súa actividade de difusión e promoción do Software Libre na PEME galega, organiza un curso de capacitación dirixido á empresa TIC galega para que estas sexan quen de abordar proxectos de implantación e soporte de servizos en Software Libre.
O curso, orientado a investigadores, técnicos de empresas e alumnos de grao e Máster, pretende mostrar a gran capacidade actual do software libre para resolver problemas estándar en Ciencias e Enxeñería. En particular, para o curso elixíronse paquetes de software moi testeados e de gran difusión no contexto académico e que percorren desde software matemático básico ata software máis avanzado con orientación cara á Matemática Discreta, a Estatística, o Deseño Asistido por Computador ou a Simulación Numérica de diversos procesos físicos que poidan chegar a axustarse entre eles.
Dende Ousli queremos anunciar estas próximas Xornadas que estamos a preparar e que terán lugar do 23 ao 27 de Xuño no edificio Politécnico do Campus Universitario de Ourense.
Mostralas posibilidades que as TIC, en materia de desenvolvemento web, ofrecen para levar a cabo proxectos integramente con Software Libre é o obxetivo das II Xornadas de Programación Web en Software Libre.
Decidimos organizar estas II Xornadas tralo éxito da primeira edición e esperamos que estas Xornadas convírtanse nun punto de encontro de referencia entre estudiantes, docentes, desenvolvedores web e profesionais das TIC en xeral.
Empresas recoñecidas internacionalmente coma Google (incluida a última hora), proxectos coma eBox (recentemente incluido en Ubuntu) ou a presenza de Igalia (considerada unha das empresas galegas punteiras en desenvolvemento de Software Libre), estarán presentes no evento organizado polo IGAPE o xoves día 15 de Maio en Santiago con motivo da celebración do III Día Galego do Emprendedor.
Esta edición contará por primeira vez cun apartado exclusivo de Software Libre coa presencia de xoves empresas do sector que exporán as súas experiencias no mercado baseado na programación en Código Aberto.
Poco después de la absorción por parte de Sun de la empresa Mysql AB (creadora del famoso gestor de base de datos que lleva su nombre), ya se anuncian noticias que dejan entrever las estrategias empresariales. Marten Mickos, CEO de Sun, dice que habrá dos partes de productos relacionados con MySQL: la libre que seguirá siendo libre y la privativa que serán añadidos como herramientas de backup y otras herramientas especializadas que sólo usarán unos pocos usuarios.
Comercialmente ya se ve la trampa para los usuarios de MySQL. La pregunta que va más allá, debe cuestionarse si es bueno que un desarrollo Open Source sea manejado por una empresa que busca beneficios económicos, si realmente es libre un proyecto que sólo libera parte de su código.
GALPon e Microsoft unidos polo mesmo fin pero non empregando os mesmos medios. Dispor de software de calidade en galego é un dos obxetivos que promove a asociación galega nas súas actividades, namentres que a multinacional norteamericana, multada en varias ocasións pola Unión Europea, anuncia as súas últimas versións do sistema operativo e suite ofimática traducidas ao galego.
GALPon defende e promove o emprego de Software Libre coma o sistema operativo GNU/Linux e a suite ofimática OpenOffice.org que levan no mercado máis de 5 anos traducidos ao galego...
Veño de subir a nosa wiki un truquete para vagos, presurosos, desmemoriados ou comodóns, para mellorar a busqueda de liñas de ordenes en terminal/consola, así os que sodes coma min teredes as cousas máis doadas. 