asociación

Asociación de Software Libre canadiense denuncia ó seu goberno por mercar software privativo

Asociación FACILA Asociación de Software Libre de Quebec (FACIL), denuncia ó goberno da súa provincia por mercar software privativo de forma masiva sen solicitar orzamento alternativo.

Segundo FACIL, o goberno de Quebec alega a compra directa a un fornecedor privativo porque non dispón de outras opcións. Pola contra, FACIL argumenta que estase a utilizar trucos para abusar disto e que non cumpren os requerimentos para poder facer compras por parte da administración.

Nace G.A.L.I.T.E., Grupo Asociado pola Libre Información e Tecnoloxía, en Foz

Son un grupo de rapaces que teñen aficións en común e que tentan dar a coñecer as posibilidades da tecnoloxía. Os seus fins son  a defensa do Software Libre, do libre intercambio de cultura e a promoción de licenzas copylfet entre outros.

Incubouse a nova asociación de empresas galegas de software libre

O mércores 23 de maio, houbo unha xuntanza de empresas galegas na capital de Galiza para tomar a iniciativa de crear unha nova asociación que rexunte ás empresas galegas relacionadas co software libre. Pretendeu ser a toma de contacto para iniciar o procedemento de constitución legal da asociación, ademais de tomar apuntes das inquedanzas e necesidades das empresas galegas no paradigma do software libre.

Distribuir contido