Na universidade de Vigo vai realizarse un curso/obradoiro de
Iniciación ao Software Libre: Ferramentas de Software Libre para a computadora
Lugar
Aula Informática 5 do edificio novo da E.T.S.E. Telecomunicacións (Universidade de Vigo)
Horas
30 horas, 3 horas por día, 2 días á semana (martes e mércores):
O curso, orientado a investigadores, técnicos de empresas e alumnos de grao e Máster, pretende mostrar a gran capacidade actual do software libre para resolver problemas estándar en Ciencias e Enxeñería. En particular, para o curso elixíronse paquetes de software moi testeados e de gran difusión no contexto académico e que percorren desde software matemático básico ata software máis avanzado con orientación cara á Matemática Discreta, a Estatística, o Deseño Asistido por Computador ou a Simulación Numérica de diversos procesos físicos que poidan chegar a axustarse entre eles.

Froito da colaboración co Vicerreitorado de Extensión Cultural e de Estudantes, GALPon ofrecerá un obradoiro de OpenOffice cunha duración de 30 horas e convalidable por dous créditos de Libre Elección.
O contido do programa do obradoiro incluirá todos os compoñentes da suite ofimática:
O Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra organiza o Ciclo de conferencias - taller "GALPon 2007 na UVigo" dende o próximo 18 de Outubro ata o 6 de Novembro. Máis de 30 horas repartidas en diferentes días para falar de temas coma a Sinatura Dixital, Media Center feito con GNU/Linux, Escritorios Lixeiros para recuperar computadoras obsoletas, Home Station para ter na casa, seguridade en redes WiFi e mesmo desenvolvemento en PHP con patTemplate.<
O Vicerreitorado de Extensión Cultural e Estudantes da Universidade de Vigo organiza xunto con GALPon, o obradoiro "Introdución ao Software Libre e GNU/Linux" de 30 horas e convalidable por 2 créditos de Libre Elección.
A Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa, a través da súa Área de Innovación Educativa e dentro do Programa de formación permanente de profesorado, anuncia que está aberto o prazo de preinscrición no curso REDACCIÓN DE DOCUMENTOS CIENTÍFICOS CO PROCESADOR DE TEXTOS LaTeX que se realizará no campus de Vigo durante o mes de xuño e xullo de 2007.