Esta web naceu para promover o uso do GNU/Linux e o Software Libre en xeral, asi como para servir de punto de encontro de todos os entusiastas deste software.
O día 16 de novembro de 2002 constitúese en Vigo o Grupo de Amigos Linux de Pontevedra «GALPon», tendo como obxectivo:
Promover o uso do GNU/Linux e o Software Libre en xeral, asi como para servir de punto de encontro de todos os entusiastas deste software.
Hoxe, 10 anos despois, para conmemorar ese día, liberamos a nova versión da nosa «distro» GALPon MiniNo v_2.0 aka Ártabros e estrenamos unha nova web,construída sobre Drupal, que agardamos sexa máis funcional que a anterior baseada en «dokuwiki» que manteremos ligada para seguir tendo acceso a algúns consellos que recollemos nela. É o noso desexo que esta nova versión de GALPon MiniNo sexavos de utilidade e agardamos, como temos tido ata agora, o voso apoio e os vosos consellos para seguir mellorándoa.
A difusión do Proxecto GALPon Minino forma parte das actividades que a Asoc. GALPon desenvolve ao abeiro do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e incluidas no plan de acción FLOSS 2012 da Xunta de Galicia.
O día 16 de novembro de 2002 constitúese en Vigo o Grupo de Amigos Linux de Pontevedra «GALPon», tendo como obxectivo:
Promover o uso do GNU/Linux e o Software Libre en xeral, asi como para servir de punto de encontro de todos os entusiastas deste software.
Agora, 10 anos despois, para conmemorar ese día, xuntaremonos arredor dun cocido e teremos un «cariño» para ofrecer o noso recoñecemento aos socios fundadores.
Desta volta, ademais de corrixir fallos menores, introducimos os elementos gráficos definitivos como son os fondos, e o inicio con Plymouth. engadimos algunha mellora nos instaladores (agora a icona no inicio ao vivo da acceso ao instalador avanzado) e engadimos a posibilidade (nos menús de utilidades de MiniNo) de axustar a hora do BIOS
Galpon impartirá un curso/obradoiro sobre LibreOffice avanzado na Universidade de Vigo entre os días 8 de outubro eo 26 de novembro, tódolos luns e mercores de 15:00 a 17:00 horas, na E.S.E Telecomunicación. Lab. T 215 edificio novo.
A matricula estará aberta desde o día 24 de setembro ata o día 5 de outubro.
Cales son os recursos hardware mínimos para executar a nova versión do Minino?
Nesta nova versión a máquina obxectivo foi unha equipada con:
Procesador de 1.0 GHz
256 MB de RAM
Disco ríxido de 2,5 GB (a instalación ocupa 2,0 Gb + espazo swap)
A limitación de procesador e RAM vén determinada fundamentalmente polos actuais requisitos das páxinas web, xa que por baixo deses parámetros é moi difícil que un vídeo en flash de Youtube ou Vimeo póidase ver de xeito fluído. Aínda que non se descarta que se poida traballar con procesadores de 800 MHz e/ou con memorias RAM de 192 MB.
Desta volta traballamos sobre Debian Wheezy, polo que creemos que esta versión debe ter unha longa vida. o que fai que teñamos moito interese en afinala con todo detalle.