Esta web naceu para promover o uso do GNU/Linux e o Software Libre en xeral, asi como para servir de punto de encontro de todos os entusiastas deste software.

Nova versión 5.2 de Drupal con actualización de seguridade

Etiquetas: 

A nova revisión é unha actualización de mantemento para arranxar un par de vulnerabilidades de seguridade. Se ben as fallas non son doadas de explotar, sempre existe a posibilidade de facelo, polo que recoméndase actualizar os Drupal executándose en contornos de produción, tanto para a versión 5.x coma para 4.7.x.

GALPon madruga no Festigal na carpa de Software Libre

Etiquetas: 

O grupo GALPon foi un dos madrugadores que chegaron á carpa do Software Libre no Festigal, xunto con Agnix, Compostela Wireless, GLUG e Inestable, que estaremos todo o día de Galicia no Campus Sur da Universidade de Santiago. Boa mostra do madrugón era o sono que levaban algúns e que non puideron cos nervos relaxados despois dunha intensa noite...

Ousli libera FirefoxFalaGalego, un complemento para o navegador de Mozilla

O complemento FirefoxFalaGalego permite a tradución en liña dun texto do castelán ao galego, para realizar a tradución emprégase o servizo Opentrad.

Call for Papers das "II Xornadas de software libre na USC"

A partir de hoxe abrese o prazo para a presentación de relatorios e obradoiros para as "II Xornadas de software libre na USC" que terán lugar O 19, 20 e 21 de setembro deste ano nas Universidade de Santiago.

Estas xornadas están organizadas pola  "Asociación de Usuarios de Linux da Universidade de Santiago de Compostela, Aulusc" xunto co "Grupo de Usuarios de GNU/Linux da Galiza, Glug".

El gallego tiene una variante española, según Micro$oft

Según la configuración disponible en Internet Explorer 7 de Micro$oft, el gallego tiene una variante dialéctica que es la española. Este hecho demuestra el poco detalle que se lleva en el software privativo, mientras que Mozilla Firefox contempla la lengua gallega como una sola lengua sin vinculación al castellano, que es como debe ser.

O galego ten unha variante española, segundo Micro$oft

Etiquetas: 

Segundo a configuración dispoñible no Internet Explorer 7 de Micro$oft, o galego ten unha variante dialéctica que é a española. Este feito demostra o pouco xeito que teñen de facer o software privativo, namentres o Mozilla Firefox contempla a lingua galega coma unha soa lingua sen vinculación ó castelán, que ven sendo a forma correcta.

Micro$oft contra la comunidad del Software Libre, ¿OOXML como estándar ISO/IEC?

Miles de usuarios de todo el mundo apoyan las campañas en contra de la propuesta de Micro$oft de instaurar su OOXML como posible estándar ofimático según la ISO/IEC.

Iberoamérica y Europa, son las puntas de lanza donde se encuentran las iniciativas que aglutinan más apoyos.

Se non tes a fonte de "Arial" de Micro$oft non pasas as oposicións de Educación

Opositores a postos de traballo da Consellería de Educación son excluidos por non ter feita a programación na letra Arial de Windows e facela en sistemas operativos libres”.  Este tipo de fonte está sometida a unha licencia que non é libre ainda que sí pode ser descargada e instalada en GNU/Linux de modo gratuito aceptando as condicións da súa licencia.

 

Xuntanza fin de xuño

Este sábado 30 de xuño faremos a xuntanza de fin de mes na Praza Eliptica Plaza-E de Vigo, no local B-52. Esperámosvos a todos a partires das 19:30. Cómo chegar.

Las entidades públicas podrán ser denunciadas si no permiten el acceso electrónico de los ciudadanos bajo estándares abiertos

Todos los servicios electrónicos de las Administraciones Públicas que estén a disposición de los ciudadanos tendrán que cumplir la nueva "Ley de Acceso Electrónico de los ciudadanos a los servicios electrónicos" en la que se garantiza que los ciudadanos podrán "elegir las aplicaciones o sistemas para relacionarse con las Administraciones Públicas siempre y cuando utilicen estándares abiertos..."

Páxinas

Subscribe to GALPon - Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra - Web RSS