Registrate!    Login
Menú principal
Ingreso


Benvido/a
Benvido/a ao sitio web de GALPon.org o Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra.
Esta web naceu para promover o uso do GNU/Linux e o Software Libre en xeral, asi como para servir de punto de encontro de todos os entusiastas deste software.
Destacado...
capri99 @ 1/5/2007 19:19:12 (294 Lecturas)
Galpon

ACTUALIZA OS TEUS MARCADORES E ESTREA A NOVA WEB 2.0 DE GALPon.org

GALPon.org preséntase cunha nova inteface gráfica froito do cambio de sistema de administración de contidos web. Mellorar o acceso da información e proporcionar novas ferramentas a todas aquelas persoas interesadas en promover e difundir o uso do Software Libre foi o que nos fixo escoller un novo esquema web baseado en Drupal, permitíndonos estar máis preto da Web 2.0

Leer más..... | 1471 bytes más | Comentarios?

capri99 @ 28/4/2007 17:50:45 (288 Lecturas)
Noticias

Froito da aprobación do PEGSI, a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información (pertencente á Consellería de Innovación e Industria) ven de publicar no DOGA do 24 de Abril as axudas para proxectos relacionados coa Sociedade da Información.
O máis salientable, dúas cousas:
1.- Valoraranse positivamente os proxectos baseados en Software Libre.
2.- Non son subvencionables os gastos por pago de licenzas.

Tan só podemos dicir, unha cousa: NORABOA, NORABOA, NORABOA!!!

Máis información

Leer más..... | 1316 bytes más | 1 comentario

cbf @ 20/4/2007 22:09:13 (338 Lecturas)
Debian

Hola!

Con un tiempito que he tenido, me he acercado por A Coruña y he participado en la Dudesconf.
Este ha sido un evento que ha reunido a participantes de diferentes lugares de España, Estados Unidos, Alemania y otros lares mas. Muchos de ellos son Debian Developers. Pero otros no.
Ha estado el Release Manager de Etch, habiendo dado una conferecia sobre el proceso que ha dado la nueva version de Debian.

Han habido varios BOF (mesas redondas abiertas) de los temas que las personas han querido.

En definitiva, un muy lindo evento del que han participado un monton de personas, de las cuales muchas no eran Debian Developers.

En el sitio www.dudesconf.org hay mas informacion...


capri99 @ 20/4/2007 13:54:19 (333 Lecturas)
GNU

Dende Ousli queremos anunciar as nosas primeiras Xornadas sobre
"Programación Web en Software Libre". Cremos que a importancia que segue a gañar a Web é un punto moi importante a ter en conta.

As I Xornadas de Programación Web están orientadas a programadores que se están iniciando ou que teñen coñecementos e que queren asentalos vendo novas tecnoloxías empregadas polas grandes empresas do sector por exemplo google, yahoo ou microsoft.

Estas xornadas vanse impartir na aula 3.2 do edificio politécnico da Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense. Os días elixidos son os venres (27 de abril, 4 de maio e 11 de maio) para que a xente que estea interesada poda vir e que as empresas galegas non teñan problemas de asistencia por motivos laborais.

Leer más..... | 1669 bytes más | Comentarios?

miguelbf @ 18/4/2007 11:58:06 (487 Lecturas)
Noticias

Leo na revista Todo LINUX nº77, recentemente publicada, un artigo sobre o meu benquerido DeVeDE.
Na sección "Taller práctico" Jorge Lopez desgrana un artigo baixo o tíduo "Creación de discos de vídeo con DeVeDe" no que a máis dunha descripción desta aplicación desenrola un manual de instalación, configuración e traballo.
Merece a pena botarlle un ollo.
Noraboa "raster" parece que xa comenza a facerselle xustiza a este traballo teu.


capri99 @ 14/4/2007 2:38:02 (752 Lecturas)
Comunidad

O Software Libre estivo presente en varias das actividades amosadas durante as Xornadas de Docentia.net estes días. Profesorado dos diferentes centros galegos tomou boa nota das experiencias punteiras e mesmo premiadas dos seus compañeiros e compañeiras coas Pizarras Dixitáis Interactivas ou coa plataforma Web 2.0.

Leer más..... | 12661 bytes más | Comentarios?

capri99 @ 12/4/2007 16:42:23 (326 Lecturas)
GNU

Baixo o obxectivo de acercar e fomentar o coñecemento dos universitarios galegos sobre o Software Libre, a empresa galega Igalia ven de convocar o Premio ó Mellor Proxecto de Fin de Carreira (PFC) con Software Libre 2007, que outorgará 1000 euros ao mellor deles ademais de difundilo publicamente.
A iniciativa, coa que colaboran as tres universidades galegas e a Consellería de Innovación a través de Mancomun.org, "Iniciativa Galega polo Software Libre", será presentada na Escola Superior de Enxeñería Informática do campus de Ourense o vindeiro luns ás 12:00 horas.

Leer más..... | 1055 bytes más | Comentarios?

capri99 @ 11/4/2007 10:51:30 (722 Lecturas)
Comunidad

Nota: versión en castellano más abajo.

--- Versión en galego
Os grupos galegos de Software Libre están chegando a un punto de saturación de actividades importante. Cada día máis xente entende e comparte os beneficios que conleva o emprego de sistemas de código fonte aberto. Pero o que podería parecer unha alegría, ás veces é frustante cando a Xunta apenas colabora activamente tomando decisións firmes a prol do Software Libre...

Leer más..... | 5717 bytes más | 1 comentario

cbf @ 9/4/2007 17:01:48 (408 Lecturas)
Debian

Es para decirles que el 7/4/2007 salio una actualizacion de Sarge.

Pero luego, al dia siguiente, ha salido la nueva version de Debian llamada ETCH.

Pueden ir a bajar las imagenes de CD y/o DVD a http://www.debian.org/CD/http-ftp/

Datos interesantes:
aproximadamente 21 CDs de 650MB por arquitectura
equivalente a 3 DVD por arquitectura
11 arquitecturas diferentes
22 CDs de 650MB de codigo fuente.


Mas de 18.000 paquetes.

Las imagenes se pueden bajar por bittorrent, ftp, http y jigdo

Ahh, el anuncio es este: http://www.debian.org/News/2007/20070408


capri99 @ 9/4/2007 13:01:23 (283 Lecturas)
Comunidad

A Asociación Informática Amigus está a levar adiante unhas xornadas informativas en As Pontes nos centros de educación secundaria para fomentar o uso de Software Libre no ensino.
A capilaridade que ofrecen os grupos de usuarios de GNU/Linux é moi importante para realizar actividades de difusión e promoción na utilización de programas de fonte aberta.
As próximas xornadas desenvolveranse:
11/04/2007 ás 11.00 horas no CPI Monte Caxado
12/04/2007 ás 11.00 horas no IES Concepción Arenal de Ferrol
Máis información...


(1) 2 3 4 ... 55 »
Calendario
Mes PasadoJul 2008Siguiente Mes
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31
Hoy