O Software Libre estivo presente en varias das actividades amosadas durante as Xornadas de Docentia.net estes días. Profesorado dos diferentes centros galegos tomou boa nota das experiencias punteiras e mesmo premiadas dos seus compañeiros e compañeiras coas Pizarras Dixitáis Interactivas ou coa plataforma Web 2.0.
Resumo da Xornada de Docentia.net do 12 de Abril (DocentiaTIC).
1.- M$ presentou os seus productos para a docencia afirmando que o Window$ Vi$ta funciona con 128MB de ram e para os que non teñan Offi$e 2007 e queiran abrir documentos dela necesitarán un parche de compatibilidade. En fin, recibíu paus por todos lados, en especial meus
. Non aportou nada e por riba non lle importaba o alto nivel de piratería, o importante para eles é ter unha alta cuota de mercado nos centros (sexa legal ou ilegalmente).
2.- A continuación María José Rodríguez, do Cesga, falou da teleformación empregando dúas ferramentas de Software Libre: Moodle e Dokeos. Entre as cousas que máis me impresionaron foi o proxecto Ensigna onde se valoraba positivamente a posibilidade de crear un curso de lingua de signos para as persoas xordas a través de Internet. O outro proxecto, E-Hospital estaba adicado á formación de adultos nas longas hospitalizacións que sofren. Neste caso empregábase o blender-learning (semipresencial ou mixto), onde os titores ían de vez en cando a supervisar a labor do alumnado. Tamén valorado moi positivamente porque os alumnos conseguían un título oficial ofrecido pola USC (Introducción a Internet, Ofimática básica, ...).
Tamén explicou a ferramenta Webminar (webminar.cesga.es) que "está baseado no software de Código Aberto WebHuddle e que permite celebrar un seminario ou sesión de traballo entre varias persoas, onde poder compartir unha presentación multimedia, ou unha aplicación, cun grupo de persoas, á vez que o profesor/relator va ofrecendo explicacións sobre o que fai ou amosa na pantalla."
3.- Logo, Abraham Domínguez presentou a aposta do CEIP Laredo baseada na Web2.0 e pola que recibiron un premio. O proxecto está moi ben explicado nesta ligazón:
http://centros.edu.xunta.es/ceipdelaredo/valora/?page_id=95
Empregan un Blog (Wordpress) ao que lle engaden (principalmente os rapaces) o contido multimedia de todo tipo baseado en ferramentas que atopan na web
http://www.go2web20.net/
Esto fai que aportar contidos ao blog sexa extremadamente sinxelo e práctico para todos e todas, e algo importante é que é visible dende Internet para os pais.
Juanjo Fernández de Tadega.net (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) tamén presentou o seu proxecto, baseado en ferramentas de Software Libre coma Wordpress e phpBB pero dende un punto de vista da "accesilidade" xa que a Web2.0 debería mellorar o acceso á tecnoloxía de todo o mundo, o contrario provocaría unha nova fenda dixital discriminatoria para a xente que ten algunha discapacidade. Traballan en diferentes campos educativos e tamén levaron outro premio polo seu empeño na accesibilidade.
Ten unha lista coas ligazóns de web importantes neste senso (os 40 principais), bitácora, foros de discusión e fixo especial mención á web "aumentativa.net" coa que colaboran para a traduzón dos pictogramas ao galego para mellorar a "comunicación aumentativa" de rapaces con algunha discapacidade visual. Este concepto de "comunicación aumentativa" significa que a partir dun texto pásase a unha secuencia de imaxes que sexa accesible e entendible para diferentes usuarios.
4.- Por último unha rapaza de Study Plan (http://www.studyplan.es) explicou as vantaxes dos dispositivos eBeam frente as pantallas táctiles dixitáis convencionais. O sistema de eBeam comprende básicamente dun emisor (o lápiz) e o receptor (a escuadra). Éste colócase nunha das esquinas de "calquera" superficie e cunha simple calibración xa se pode empregar como pantalla táctil. Como software educativo empregan o eBeam Scrapbook, bastante potente que lle sirve ao docente para facer presentacións, repetilas automáticamente, focalizar a atención do alumnado, debuxar, manipular imaxes, ... tamén pode funcionar con estructura cliente/servidor onde o alumnado, neste caso non presencial, pode seguir a clase e interactuar. Ante a pregunta de si funciona en GNU/Linux, a rapaza comentou que o sistema táctil sí funciona (igual que un rato) pero o software Scrapbook aínda non, pero están nelo.
Ben, como conclusións do primeiro día, diría que:
- A táctica mercantil do software privativo é extender o seu monopolio entre a ignorancia dos docentes sen importar o concepto da legalidade ou piratería.
- Moitos proxectos premiados empregaron Software Libre como ferramentas básicas aínda que entre o profesorado é un gran descoñecido. Coma exemplo, unha pequena demostración dunha aplicación sinxela en 3D creou moita espectación e asombro entre o público asistente, era de software privativo pero que podería facerse con Software Libre igual ou mellor.
- Os fabricantes de PDIs (pantalla dixital interactiva) ofrecen o seu software privativo para que os docentes realicen contidos multimedia sen ter coñecementos técnicos ou de programación pero este material non se pode empregar no software doutro fabricante de pantallas. É dicir, os docentes crean contidos que non poden compartir con aqueles que non teñan a mesma pantalla táctil.
-------
Seguindo co resumo que fixen do día anterior, este de agora adícase á
Xornada de "Aulas con Software 2007" do día 13, venres.
Durante preto dunha hora, varios centros fixeron unha demo dos seus logros empregando una Pizarra Dixital Interactiva pero desta vez da marca Smart (distribuidos por Groupvision, http://www.groupvision.es/) empregando nesta ocasión o software privativo da empresa chamado Smart Notebook.
Este software é moi potente, permitíndolle ao docente arrastrar, mover, escribir, borrar, incluir audio, imaxes, etc.
Con estas características os docentes amosaron os contidos creados de moi diversa índole:
1.- Unha profesora de primaria ensinaba a unha nena cega cómo empregar a PDI colocando unha serie de figurillas en diferentes puntos da pantalla que lle permitían á nena localizar os iconos e interactuar segundo o que escoitaba (iconos con son).
2.- Mediante o emprego de ferramentas de debuxo, fíxose unha problema para que o alumnado deseñara o seu propio mosaico a partires dun hexágono modificado.
3.- Países de Europa que se poden arrastrar e soltar para identificar as diferentes etapas de creación da Unión Europea.
4.- Imaxes relixiosas ás que se lles ligaba coa súa historia o nome dos seus autores ou a música dun autor clásico para logo deixar que o alumno volva a reconstruir o rompecabezas.
5.- Para os máis pequenos na ensinanza especial, un karaoke da "Vaca Lechera" moi simpático e moi alegre feito por dúas mestras que incluso nos cantaron unha canción dun conto moi bonito, tamén feito por elas.
6.- Comentouse a experiencia nun dos centros que reclamaba axuda para a instalación da pantalla, cableado e configuración. Incluso poderíase plantexar un compendio de pantalla, proxector, cableado e impresora como solución todo en un. Tamén se queixaba de que non había homoxeneidade nos escritorios dos PCs e se demandaba un sistema modular válido para todos os profesores. Este centro empregaba o Clic (software libre) para a creación de contidos.
Logo desta sesión, pasamos á parte de ponencias de "Aplicacións e recursos para o aula e iniciativas TIC"
1.- Comezou esta segunda parte co proxecto do C.R.A. (Colexio Rural Agrupado) de Pontecesoa cargo de Rosa, Jose e Ivanna (moi simpática), formado por cinco unidades situadas en cinco parroquias pertencentes a ese Concello. Este proxecto está baseado na web "www.craescuela.net" onde lles ensinan aos nenos dende o principio conceptos de rede ou colaboración. Coma as actividades non son sempre presenciais, emprégase o correo electrónico como medio de
comunicación para facelas. Nos contidos empregan ferramentas prácticas, sexan de Software Libre (OpenOffice) ou privativo. Nestas actividades os nenos e nenas son os que participan activamente cos seus debuxos ou mesmo grabando a súa voz mentres contan contos. Os contidos pódense descargar para que traballen con eles.
Dentro da utilidade práctica das PDI, fixeron unha web específica para estes aparatos:
http://pizarramaxica.craescuela.net/index.htm
Nela hai moitísima información para empregar esta ferramenta, aínda que como ben se indica na páxina principal, moitos contidos só funcionan cunha marca concreta de pizarras e co seu software privativo.
Co seu traballo gañaron 3 premios e conseguiron outras tantas pizarras por elo, ningunha delas é regalo da Consellería de Educación.
Expuseron o seu interese por crear unha plataforma global de comunicación entre os profesores do ensino galego para compartir contidos, experiencias, foros de debate, etc, etc, etc,... nunha palabra, un portal educativo completo e actualizable polos docentes, incluso se atreveron a poñerlle nome: "EDIGA".
2.- Webardora.net por José Manuel Bouzán. Está baseado en tecnoloxía Java e traducido a 6 linguas. Como ben di na súa páxina web, Ardora é unha aplicación informática que permite, a todas e todos os docentes, crear as súas propias actividades, en formato html, para os seus alumnos e alumnas dun xeito moi sinxelo. Esto permite ter os exercicios incrustados no Moodle ou Dokeos e así ter unha plataforma de teleformación con exercicios feitos polos docentes. Cumple co estándar de SCORM. Ardora non é software libre aínda que é gratuito para uso educativo. Tedes exemplos das aplicacións en:
http://centros.edu.xunta.es/ceipdepalmeira/ (dentro de CONTOS DO RATO PACO).
3.- Xesús Arribi de Mancomun.org interviu proporcionando información no relativo ao Software Libre e a proxectos como a Forxa, Entrans, OpenOffice, etc. Penso que a labor de Mancomun.org é de sobra coñecida polo que non indico máis.
4.- Tadega.net volveu a amosar máis ou menos o mesmo do resumo do día 12 (non o repito).
5.- Manolo Paz, de Edugaliza.org, explicou o concepto desta web. Tenta ser un compendio de material didáctico publicado por docentes feito con diferentes ferramentas libres ou non.
Ata eiquí as conclusións que saquei son as seguintes:
- De novo, os contidos creados polos docentes baixo un programa privativo dun fabricante de pizarras non servirá para outro fabricante e por tanto non poderán compartilos.
- É preciso estructurar e catalogar o material que se vai creando para poñelo a dispor dos compañeiros e compañeiras para que o poidan empregar pero esto é soamente factible empregando estándares abertos. É preciso unha plataforma de comunicación e intercambio entre os docentes.
Finalmente fíxose a mesa redonda con varios participantes e debateuse o estado actual das TIC no ensino. Nesa mesa redonda estaba Jose Luis dos servizos informáticos da Consellería de Educación co que tivemos a reunión antes de semana santa.
Como queixa maioitaria xurdiu a da falta de persoal que asesorara, configurara e instalara o equipamento TIC entregado pola Consellería, ademáis de formar ao profesorado para incorporar estas tecnoloxías na docencia. Jose Luis, comenta que a día de hoxe non se está plantexando este novo persoal TIC a corto prazo para os centros pero alomenos hay documentos enriba da mesa que poñen en evidencia esta falta de persoal.
De novo, saiu a imaxen do persoal voluntario docente que co seu traballo e esforzo está a levar adiante os servizos que precisan os seus compañeiros e compañeiras no referente ás TIC e que o alumnado reciba a mellor atención posible.
A todos eles, grazas 
| Envió | Hilo |
|---|






