Esta web naceu para promover o uso do GNU/Linux e o Software Libre en xeral, asi como para servir de punto de encontro de todos os entusiastas deste software.

Reunímonos todos os últimos sábados de cada mes, contacta con nós!

Arousa Party 2007 con representación do Software Libre galego

Etiquetas: 

AIRBAG (Asociación de Internautas das Rías Baixas Galegas) organiza a Arousa Party en Vilagarcía dende o día 1 ao 3 de Xuño. Ainda que as actividades non son moi a prol de Software Libre, haberá dúas conferencias a cargo de Mancomun.org e GALPon para informar deste mundo aos asistentes ao evento.

Premios a Recursos Educativos para a Sociedade da Información 2007

En datas próximas sairá publicada a nova convocatoria conxunta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Innovación e Industria dos PREMIOS A RECURSOS EDUCATIVOS PARA A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN 2007.
 

Vota por Drupal

Etiquetas: 

Facendo analoxía ás peticións de votos do ambiente electoral que vivimos nos concellos, solicitamos dende o Galiza Drupal Group o voto para o noso CMS favorito nos premios Webware na categoría Publishing, votacións organizadas pola prestixiosa CNET.com.

 

Curso de migración de software propietario a software libre

Etiquetas: 

El Centro de Iniciativas Profesionales de Vigo, nos hace llegar una oferta como alumno para recibir un curso gratuito sobre la migración de software propietario a libre, a impartir durante mayo y junio de 2007 (comienzo inminente).

 

Incubouse a nova asociación de empresas galegas de software libre

O mércores 23 de maio, houbo unha xuntanza de empresas galegas na capital de Galiza para tomar a iniciativa de crear unha nova asociación que rexunte ás empresas galegas relacionadas co software libre. Pretendeu ser a toma de contacto para iniciar o procedemento de constitución legal da asociación, ademais de tomar apuntes das inquedanzas e necesidades das empresas galegas no paradigma do software libre.

Demanda de profesores/as para dar cursos con GALPon

Etiquetas: 
GALPon demanda profesores/as que desexen dar cursos de 50h (aprox) baseados en Software Libre. O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo día 21 de Maio 2007. Serán desenvolvidos en Outubro - Novembro 2007 na provincia de Pontevedra, principalmente en Vigo. Máis información en http://www.galpon.org/drupal/node/20

+ internet + galego + futuro, iniciativa que mira este ano cara o Software Libre

Etiquetas: 
A iniciativa da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información "+Internet+Galego+Futuro" celebrará o próximo 17 de Maio o día das Letras Galegas, o día de Internet e o día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.

Asoc. de Empresas de Software Libre y Cluster TIC

Etiquetas: 
Esta semana se han publicado sendas noticias informando de la futura creación de una Asociación de empresas de Software Libre y de un cluster de empresas TIC:

O GRUVI distribúe equipos informáticos con Software Libre para entidades sociais

Ábrese a 2ª convocatoria para que as entidades sen ánimo de lucro soliciten material informático en desuso pola Universidade de Vigo, dentro do marco do proxecto GRUVI.

 

Recursos para traducir aplicacións á Lingua Galega

Temos recursos dabondo, dispoñibles na rede e gratuitos, para axudarnos coa laboura de traducir dende a lingua nai do desenvolvedor á nosa lingua. Este é unha análisise viva dos programas xestores de cadeas de traducción e das ferramentas en liña (glosarios e diccionarios).

Este artigo vai paralelo á tarefa da documentación no wiki do recentemente creado Galiza Drupal Group, ó que animamos a xente a subscribirse para colaborar ou estar ó tanto dese proxecto.

Páxinas

Subscribirse a GALPon - Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra - Web RSS