O proximo sábado 22 de febreiro continuamos co 2º Ciclo dos Sábados Libres na Altamar.
Nesta segunda xornada desenvolverase o primeiro (de dous) obradoiros prácticos sobre o emprego da ferramenta de Estatística «R» que vai seren dirixido por Miguel Branco, investigador no Depto. de Ecoloxía e Bioloxía animal, UVigo
- Límite de inscricións
- Por mor da complexidade deste curso, a inscrición limítase a 24 prazas, sendo obrigatorio cubrir o formulario de inscricións.
Nota 1: Recomendámosvos que levedes xa instalado no voso computador o paquete R
Nota 2: Os que pretendan seguir este obradoiro cun S.O. Windows tamén poden empregar o BioStatFLOSS Portable
Podedes ver máis detalles no noso wiki
Coa colaboración de:
Asociación Xuvenil Altamar
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia
- Log in to post comments