GALPon web 2.0

Etiquetas
¡Benvidos á nova versión da web de GALPon! Collimos a decisión de trocar de CMS e imos de estrea co flamante Drupal na súa versión 5. O troco é significativo na forma de pensar nun sistema xestor de contidos que vai cara ó concepto da web 2.0. Agardamos que vos guste tanto como a nós. Ó día de hoxe, temos migrado os dados dos usuarios dende o vello CMS respectando nomes de acceso e contrasinais. Os que entraron na web hai menos de tres meses puxémoslle a imaxe de usuario que tiña cargada na versión anterior. O resto, se quere tela, debe solicitalo expresamente ó webmaster ou subila dende o menú "A miña conta". Coma novidades, podedes ver que separamos o wiki e usamos mediawiki (o mesmo que a wikipedia) integrado coa autentificación de Drupal. A páxina seguirá sendo un portal de novas oficiais de GALPon e de novas que podedes enviar coma se fora o voso propio blog dentro de GALPon. As novas pódenselle engadir comentarios sen estar autenticados, pero deberán superar unha cola de moderación. E para que poidades participar dunha forma activa, dispoñedes tamén dos foros organizados en distintas temáticas e das enquisas para exercer o dereito de opinión cun par de pulsacións de rato. Técnicamente, calquera parte da web pode ser capturada por fíos RSS (xa vedes a ligazón en calquera sección que sexa actualizable). Á hora de escribires texto, un pequeno gran editor DHTML axudaravos a dar formato. Tamén incorporamos controis CAPTCHA para evita-las molestas intrusións dos robots de spam. Ós nodos (así se lles chama en Drupal as novas, artigos ou calquera cousa que sexa contido) pódenselle adxuntar arquivos e imaxes. Pola banda da presentación, Drupal segue os estándares de accesibilidade nun moi alto grao de cumprimento. En fin, só falla que ti participes: podes escomenzar opinando sobre os trocos no foro de "Organización" dentro de "Galpon". ¡Empeza xa! Namentres seguimos activando funcionalidades, deseñando o tema gráfico e portando o resto da información, podedes accesar, para consulta, á web antigua dende esta ligazón. Calquera cousa extraña que vexades, suxerencia, tomatazo, etc..., pregamos: un correo a webmaster@galpon.org ou mensaxe no foro :-)