II MiniNo DevConf

O próximo sábado día 5 reuniremonos en Vigo un feixe de desenvolvedores e colaboradores no proxecto MiniNo co fin de analizar a proposta de obxectivos definida para a próxima versión 2.0 da distro GALPon MiniNo
Presentaremos durante esa DevConf a proba de concepto, ou versión Alpha da distro PicarOS, a distro concebida para rapaces e rapazas de menos de 12 anos.

Podedes ver a evolución do documento base de discusión en : http://linki.to/dya

Extraído do informe a presentar:

ROLLING STONES
Temos que aceptar o feito de que manter unha distribución é algo que absorbe moitísimo tempo. Tempo que tomamos de noso lecer, tempo de estar coa nosa familia, de estar cos nosos amigos, tempo que quitamos do sono, tempo de adicar a coidarnos a nós mesmos (Ola, Cervicais, que tal se ergueron hoxe?)... en definitiva, o que queremos dicir é que non podemos permitirnos o luxo de dar máis puntadas sen fío. Esta versión debe ser o máis  duradeira posible e isto pasa por tentar convertela nunha versión «rolling» ou estancarnos en Lenny por sempre (tal e como fixo DamnSmall con Debian Woody).

NOTA: Esta actividade forma parte das actividades que a asociación GALPon desenvolve ao abeiro do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e incluídas no plan de acción FLOSS 2011 da Xunta de Galicia.