Vostede está aquí

Mapa conceptual do Software Libre

Infórmanos o noso amigo René Mérou que ven de liberar o "Mapa conceptual do Software Libre". 

Un pode explicar o rico mundo do software libre usándoo como guía ou incluso dalo en man sen ter que dar longas explicacións. O gráfico descríbeo de xeito intuitivo e usando as propias referencias que ten a xente sobre os conceptos relacionados co que é bastante rápido e evita que nos teñamos que lembrar de todo e que se poida dar unha explicación demasiado persoal ou emocional.

Está dispoñible en: catalán, danes, español, inglés, éuscara, interlingua, e galego

Podedes descargalo a tamaño 800x600 desde bulma ou podedes tamén descargar o documento fonte en svg en es.gnu.org para que o poidades editar con Inkscape