Tras ter sido aprazado no ano 2020 pola emerxencia sanitaria, retomamos o proxecto.
En colaboración coa Industriosa estamos a organizar un obradoiro sobre programación por bloques. Este obradoiro estará dirixido por Bernat Romagosa (@bromagosa@mastodont.cat).
Introdución
No seu momento, non hai moitos anos, falar de «Scratch» e de «programación con bloques» eran sinónimo un da outra; ademais falabamos sempre de liberdade. A partires da publicación da v.2.x de Scratch, esta deixou de ser «realmente» libre, xa que estaba programada en flash e dependía de «Adobe AIR» (estritamente privativo), que, por se fose pouco, deixou de estar dispoñíbel para GNU/Linux.
Nesta situación, Jens Mönig e Brian Harvey reescribiron Scratch empregando html5 e javascript, dando lugar a un «fork» realmente libre: Snap! BYOB2. Neste momento o Scratch vai xa pola v.3.x, desta volta cun forte apoio económico por parte de Google, o que leva a que Scratch só desenvolva toda a súa potencia se se emprega no navegador ou no S.O Chrome de Google, e non existindo aínda un sistema «offline» oficial que poida ser executado nun S.O. libre (Si hai alguna proposta particular coma «Scratux».
Pouco a pouco o Snap! foi medrando, e hoxe en día é o sistema de programación por bloques máis potente, mantendo a liberdade como bandeira e mantendo a mesma facilidade para a programación pola xente miúda, pero engadindo funcionalidades que fan que sexa axeitado para unha introdución seria á informática para estudantes de secundaria ou universidade.
A pesares do dito, Snap! segue a ser ignorado, deixándose a xente, especialmente o mestrado, levar pola «popularidade» do Scratch, e deixando de lado o concepto de liberdade.
Por todo isto, en GALPon decidimos organizar unha Conferencia/obradoiro/sesión maxistral a cargo de Bernat Romagosa, desenvolvedor dos proxectos Snap!, Snap4arduino co padriñazgo de EDC3 (Education Development Center) e BJC4 (The Beauty and Joy of Computing) así como do MicroBlocks. Nesta xornada desenvolverase unha lección teórica sobre Snap e Snap4arduino e a seguir unha sesión práctica de MicroBlocks con placas micro:bit.
A organización disporá dalgunhas placas micro:bit e CPX para prácticas. Disporemos tamén dalgún trebello CoCube para que os coñezades (Tentaremos dispor de algúns para prácticas se for posíbel).
Estrutura do obradoiro
A xornada dividirase en dúas partes, Na primeira, farase unha sesión divulgativa (relatorio + demos) sobre Snap! Na segunda desenvolveremos un obradoiro práctico con MicroBlocks, con menos «leria» e máis «cacharreo».
Requisitos de asistencia
Os participantes teñen que traer o seu propio computador portátil (ver na parte final desta nota as Recomendacións técnicas, relativas ao software a empregar).
- Data: sábado 26 de abril (se se considera oportuno, continuará no domingo 27, só de mañá)
- Sábado, relatorio de: 10 a 12
- Sábado, hora inicio obradoiro: 12:00
- Sábado, hora remate obradoiro; 19:30
- Duración total: 7h 30min (9h 30m incluído o tempo do xantar)
- Prazas dispoñíbeis: 40
- Lugar: A Industriosa
- Rúa Gregorio Espino 38, entresollado 3 (36205 Vigo, Pontevedra - Galicia)
Inscrición:
De balde, e imprescindíbel que vos inscribades. Para inscribirse tedes que ir á nosa páxina de eventos en Mobilizón e anotarvos neste evento, premendo no botón Participa . A data límite será a do 18 de abril ás 12 da noite, sempre que non se esgoten as parazas antes.
Como chegar:
Respecto da hora do xantar:
Como xa temos feito nalgunha ocasión anterior, propoñémosvos que xantemos no local cunhas pizzas e/ou unhas ensaladas. Botádelle un ollo ao formulario que temos en Framasoft (aínda en elaboración) no que tamén pensamos en necesidades especiais ou escollas éticas, e se vos parece axeitado, facémolo así.
Recomendacións técnicas:
Recomendámoslle a todos os asistentes que, a fin de evitar perdas de tempo e problemas na rede wifi, leven instalado o software que se vai empregar
MicroBlocks
https://learn.adafruit.com/microblocks-circuitplayground-express-ornament/exploring-microblocks<
O aconsellábel é facer unha instalación completa, teremos en conta que, en Windows hai que instalar os controladores serie, en MacOS hai un requisito de primeira execución e en GNU/Linux terá que engadir o seu usuario ao grupo propietario de porto serie ou executar con «sudo» (todo detallado na folla que ligamos).
O máis sinxelo e empregar os «standalone excutables» (executábeis independentes, que non precisan instalación, só descargalo e darlle permisos de execución).
Non esquecer as máquinas virtuais (http://microblocks.fun/additional_downloads), dos dispositivos a empregar
- https://github.com/bromagosa/microblocks-site/releases
-
vm.circuitplay.uf2
-
vm.ino.BBCmicrobit.hex
-
Un exemplo:
Folla de Adafruit cun exemplo, traducida en liña:
Titoriais:
Manual en catalán, doado de entender:
Coa colaboración de
Patrocinado por:
Este obradoiro forma parte das actividades que GALPon realiza en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), ao abeiro do programa de subvencións publicada no DOG Núm. 157 o luns 21 de agosto de 2023.
- Log in to post comments