Sala de GALPon en Matrix

Dende @galpon convidamosvos a todos os usuarios de GNU/Linux a unirse á nosa sala en Matrix (p. ex. empregando Riot).

Matrix é un protocolo de comunicacións concebido como estándar aberto, interoperable e descenttralizado. Permite comunicarse cos protocolos de tecnoloxías máis recentes e tamén coas máis antigas (actualmente é totalmente compatíbel con XMPP e IRC, tamén se comunica con Slack, Skype e Lync)

Xunto con Riot, Matrix é a elección do governo francés para desenvolver o seu propio sistema de mensaxería, a fin de non depender de tecnoloxías privativas  e así poder asegurar a súa soberanía e a seguridade nas comunicacións.

Datos de conexión coa sala de galpón

Indicativo: #galpon:matrix

Escolla da app para conectar coa sala de GALPon: matrix.to/#/#galpon:matrix

QR para conectar con calquera IU

Deixovos un manual de instalación de Riot en Debian: https://linuxconfig.org/install-riot-matrix-chat-client-on-debian-and-ubuntu

Agardámosvos para falar de software libre, GNU/Linux, estándares abertos e cultura libre