Vanse a realizar unhas xornadas sobre «Desenvolvemento Web, PHP, HTML5 e Symfony2» que terán lugar no Centro
Social Novacaixagalicia en Vigo, o venres 25 e o sábado 26 de novembro. Animamos a participar a calquera persoa interesada nunhas charlas técnicas e amenas realizadas por relatores con gran experiencia en Symfony2 (Framework PHP).
Será moi enriquecedor para todos os asistente. Non só é unha gran oportunidade para coñecer o novo «framework» e comezar a utilizalo, senón de coñecer a outros profesionais ou empresas do sector coas mesmas inquietudes. Por iso haberá expositores tanto de curriculums como de ofertas de emprego dispoñibles para os asistentes.
Ao peche das xornadas as empresas os asistentes poderán darse a coñecer cunha breve presentación (10 minutos) xusto antes da mesa redonda; onde se poderá comentar os proxectos realizados en Symfony2 ou outros produtos da empresa, e os intereses de cada empresa así como os perfís profesionais que busca.
Para obter máis información consulte a seguinte ligazón:
http://linki.to/syfy
Se esta interesado en participar tanto como asistente como a través de «merchandising» para os asistentes con camisetas, bolígrafos, cadernos de publicidade da súa empresa, etc. Ou Se quere participar colaborando no paquete de currículums ou de calquera outra forma póñase en contacto connosco a través da conta xornadas@galpon.org ou na páxina de contactos deste web (info [en] galpon.org).
Actualización: vémonos na obriga de pechar as inscricións por problemas de capacidade. Ver https://www.galpon.org/content/mision-imposibel
Formulario de inscrición (obrigatorio)