Esta web naceu para promover o uso do GNU/Linux e o Software Libre en xeral, asi como para servir de punto de encontro de todos os entusiastas deste software.

Reunímonos todos os últimos sábados de cada mes, contacta con nós!

Séguenos na nosa canle no Telegram https://t.me/galpon (@galpon)

e tamén no fediverso, en Mastodon @galpon@mastodon.gal

e en Pixelfed @galpon@pixelfed.social

Conversa sobre liberdade na nosa sala en Matrix #galpon:matrix.org

Calendario de obradoiros 2024

Como comentamos no artigo anterior sobre a programación para o ano 2024, nos vindeiros meses de marzo e abril imos facer 4 obradoiros técnicos.

Estes obradoiros faranse as 7 da tarde (19:00) nas instalacións de «A Industriosa» na rúa Gregorio Espino 38, entresollado 3 (36205 Vigo).

Plan de actividades para este ano 2024

incibe-segundo-factor

Neste ano temos prevista a realización dunha serie de obradoiros, dous deles enfocados na seguridade e outros dous no uso de software para amadores da fotografía e para radioafeccionados.

As datas e o local aínda non están decididos, mais con toda probabilidade desenvolveranse entre febreiro e maio, dedicando a cada obradoiro entre tres e catro horas (unha mañá ou unha tarde completa, ou ben dúas tarde-noites de xoves e/ou venres)  nos espazos de A Industriosa.

Estes obradoiros desenvolveranse da man de Julio Herrero.

Visita ao esLibre 2023 en Zaragoza

Co gallo da esLibre 2023, dous membros da directiva e un socio de GALPon desprazáronse, os pasados 12 e 13 de maio, ata Zaragoza a fin de colaborar na edición deste ano. O encontro produciuse no centro Etopia onde se dispuña dunha planta completa dedicada a esta organización. 4 aulas, unha sala de organización e un amplo ástrago onde estaban presente dúas empresas colaboradoras (Slimbook e Vant), asemade empregouse tamén o Salón de actos para os actos de apertura e peche.

20 aniversario de GALPon

Xa son 20 aniños, dise moi facilmente, pero non foi doado sempre. Sempre con gañas e convencidos do que queriamos, defender a liberdade , primeiro no software e posteriormente axeitando os nosos propósitos ás novas correntes que aparecían de liberdade, no hardware, na cultura, na ciencia, etc.

Podes ver no noso Wiki un resumo de como foi a nosa vida após aquel sábado 16 de novembro de 2002 no que naceu GALPon da man dos socios fundadores:

LIBRECON 2022 e My Public Inbox

Como ben saberedes, os vindeiros 15 e 16 de novembro celébrase en Bilbao a edición 2022 da LIBRECON, que foi considerada herdeira da Libre Software Wold Conference e que está organizada pola «ESLE» (Asociación de Empresas de Software de Euskadi) que foi (tal e como din eles na súa web) impulsada por «19 empresas vascas que basean o seu negocio no software libre e fontes abertas (open source)».

Aberto o rexistro de asistencia ao Congreso esLibre

banner_portada_2022_gl

Unha vez rematado o proceso de presentación de relatorios, podes coñecer cales foron os aceptados nesta páxina. Coa mesma, abrimos o rexistro de asistentes ao que podes acceder aquí para rexistrarte. O único que che pedimos é que, ademais, marques, neste formulario, que obradoiros son os que che interesan, para así axudarnos a organizar mellor os espazos dispoñíbeis.