Tralas vacacións de verán (que aproveitamos para traballar nisto) anunciamos a publicación das versións finais de MiniNo como sempre baseada en Debian e neste caso na versión Jessie. Como xa vimos indicando nas publicacións previas, a versión é a 3.0 á que lle demos o nome de Queiles.
Desta versión fixemos d´uas variantes, a tradicional de 32 bits, neste caso xa só co núcleo 686-pae e máis unha versión experimental co kernel de 64 bits de liquorix (o S.O. segue a ser de 32 bits).
Para ambas versións fixemos os seguintes cambios:
Tras xurdir unha serie de problemas na ferramenta que usabamos para compilar a ISO (procedente de remastersys) pola súa incompatibilidade co novo núcleo, vímonos obrigados a recorrer ás ferramentas de Refracta. Isto implicou modificalo para axustalo ás nosas necesidades e a reescribir o noso instalador e modificar os de refracta.