Coincidindo co 30 aniversario da existencia da GNU, artellaremos un curso sobre:
Vi+Bash, iniciación á programación con «bash scripting»
VIM + Bash - Iniciación á programación de «bash scripting»
- Vim é un editor de ficheiros de textos moi versátil, cunha gran flexibilidade á hora de escribir scripts, modificar ficheiros de texto, etc... mais, especialmente, á hora de programar.
- Bash (Bourne Again Shell) é o interprete de ordes predeterminado na maioría de distribucións GNU/Linux
Detalle da programación:
Primeiro bloque (mañá)
- Iniciación a Vim
- Interface modal
- Ordes de desprazamento
- Ordes de manipulación de texto
- Usando o sistema de axuda
- Xanelas e búferes
- Configuración
- Engadidos
Segundo bloque (tarde)
- Iniciación a Bash
- Nota: todos os exercicios realizaranse con «vim» como editor.
- Definición e asignación de variábeis
- Estruturas de control «case», «if», «select»
- Bucles «for», «while» e «until»
- funcións, ...
Esta actividade forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.
- Log in to post comments