Tal e como comentabamos hai uns días que íamos facer, os pasados 22 e 23 (luns e martes) de maio estivemos no IES Alexandre Bóveda de Coia, no IES do Castro de Vigo e no IES A Guía de Teis
A temática das charlas foi sobre OpenStreetMap, cunha introdución á información xeográfica e as vantaxes dos mapas para transmitir información, así como a importancia de que os datos, igual que o software, sexan libres, coñeceran de primeira man as vantaxes da información xeográfica e o proxecto OpenStreetMap, vendo algúns exemplos do seu uso e unha demostración de como editar información neste mapa colaborativo.
Salientar o «alborozo» que se sentiu no Salón de Actos do IES O Castro, cando procedemos a cartografar o seu «Ombú centenario» (Ver tamén).
Tralo remate de cada charla/obradoiro, as rapazas e os rapaces tiñán a encomenda de ir aportando datos cartográficos para mellorar as zonas de influencia dos seus respectivos Institutos e daqueles lugares aos que se despracen. Deixámoslles a todas e todos un chisco de traballo, xa que lles tiñamos preparamos un pequeno concurso, con algún agasallo, para que durante esas dúas semanas conseguiran ser os que máis achegas fixeran a OSM no seu centro.
Fornecéuselle aos rapaces a ligazón a varios vídeos sobre os procesos de trazado e un, realizado exprofeso para esta actividade, sobre o manexo da aplicación móbil «OSM Tracker», dispoñíbel en [F-Droid (a recomendada por nós) e na Play Store
Entregóuselles aos rapaces un pequeno manual impreso, así como o acceso ao noso wiki, para o rexistro de PdI mediante Twitter.
Así mesmo, creouse un grupo (OSM_IES_Vigo) no Telegram, para que os participantes no cartografado puideran facer calquera consulta aos monitores.
Temos que agradecer a boa acollida e facilidades que nos deron nos centros para poder realizar esta actividade e achegar este proxecto de software libre ao seu alumnado.
Asistencia
- IES Alexandre Bóveda
- Un grupo 30 persoas de 1º Bacharelato
- IES do Castro de Vigo
- Tres grupos de 30 persoas de 4º de ESO e 1º de Bacharelato (total 90 persoas)
- IES A Guía
- Un grupo 25 persoas de 1º Bacharelato
Coa colaboración de:
Xeoinquedos
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia
Este obradoiro forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2017 da Xunta de Galicia.
- Log in to post comments