En colaboración coa Industriosa estamos a organizar un obradoiro, co formato de «hackathon» sobre e-Téxtiles. Este obradoiro estará dirixido por Paola Guimerans (@paolaguimerans).
O obradoiro estruturarase en dúas partes, unha primeira consistente nun relatorio por parte da directora do obradoiro e de seguido o obradoiro propiamente dito. Consideramos que para asistir á segunda parte é necesario asistir antes ao relatorio.
No transcurso da xornada experimentaremos no campo dos téxtiles intelixentes ou e-téxtiles con tecidos e fíos condutores, sensores, actuadores e outros materiais máis tradicionais para realizar un prototipo de proxecto vestíbel co microcontrolador «circuit playground express».
Descrición:
Segundo a Wikipedia os téxtiles intelixentes ou e-téxtiles son tecidos que inclúen compoñentes electrónicos como baterías, LED ou mesmo pequenos computadores. Están deseñados con novas tecnoloxías que ofrecen valor engadido á persoa que os leva postos. Con todo esta definición pode ser demasiado restrinxida, a área dos téxtiles intelixentes non se limita á moda e cobre moitas áreas de proxectos relacionados, como poden ser por exemplo o campo dos videoxogos, o deseño de produto, a arte dos novos medios, o IoT, a educación, a moda e a tecnoloxía, entre outros.
No desenvolvemento de proxectos téxtiles intelixentes valórase o uso de novos materiais condutores ou intelixentes xunto con outros máis tradicionais, o que permite aos makers con coñecementos previos de electrónica e/ou linguaxes de programación, adquirir novas técnicas e desenvolver habilidades artísticas e creativas como coser, calcetar, tecer, debuxar ou pintar. E á inversa, permite a persoas que non se relacionaban previamente coa electrónica e si tiñan experiencia con téxtiles ampliar o alcance das súas creacións mediante o uso destes novos materiais.
O obxectivo do hackaton é visibilizar o florecente campo dos e-téxtiles que, igual que sucede con outros campos do movemento maker, como a impresión 3D, ou a robótica, popularizouse vinculado a esta vangarda tecnolóxica.
Biografía da relatora:
Paola Guimerans é artista, educadora e tecnóloga creativa. Cursou estudos de MFA Design and Technology no Parsons School of Design, Nova York, e traballou no NY Fashion Technology Lab. En 2017 defendeu a súa tese doutoral na Universidade Complutense de Madrid baixo o título «A tecnoloxía como material creativo: E-téxtiles e as súas derivacións no campo das artes visuais».
É asesora en innovación educativa e participa no desenvolvemento de novos contidos curriculares e transversais adaptados á educación escolar e superior universitaria. É autora da plataforma de recursos Prototipadolab e fundadora da iniciativa Aula STEAM. Dende hai unha década participa en foros e conferencias nacionais e internacionais tales como Make Education New York World Make Faire, Conference on Tanxible, Embedded, and Embodied Interfaces TEI13 ou iated International Academy of Technology, Education and Development conference, entre outros.
Requisitos de asistencia:
Idade recomendada: maiores de 16 anos, os menores de entre 13 e 16 anos poderán asistir acompañados, cada un, dun adulto asistente activo.
É recomendábel ter algúns coñecementos básicos de electrónica e/ou programación para aproveitar mellor esta xornada.
Os participantes teñen que traer o seu propio computador portátil (ver na parte final desta nota as Recomendacións técnicas, relativas ao software a empregar).
- Data: Sábado 14 setembro 2019
- Relatorio de 10.00- 11.30
- Hora inicio obradoiro: 11.30
- Hora fin: 18.30
- Duración total: 8.30 horas
- Prazas dispoñíbeis: 40
- Lugar: Centro Cívico de Teis. Oficina Municipal de Distrito, entre Camiño Cancelo e Rúa Maceiras
A organización dispón de materiais para as prácticas (placas Playground, compoñentes, crocodilos, tesoiras, agullas, pistolas de cola térmica, leds, resistencias, etc.), agás os propios téxtiles (camisas, saias, puchas, etc.) que deberan ser achegados polos propios asistentes.
Inscrición:
De balde, e imprescindíbel que cubrades a folla de inscrición, a data límite será o 12 de setembro, sempre que non se esgoten as parazas antes.
Como chegar:
Ver o mapa a pantalla completa
Recomendacións técnicas:
Recomendámoslle a todos os asistentes que, a fin de evitar perdas de tempo e problemas na rede wifi, leven instalado o software recomendado (aquel que queiran empregar) en función dos seus coñecementos.
Python
https://learn.adafruit.com/adafruit-circuit-playground-express/circuitp…
Arduino
https://learn.adafruit.com/adafruit-circuit-playground-express/set-up-a…
Para os principiantes pode empregarse:
MicroBlocks
Programación por bloques inspirada en Scratch, dos mesmos desenvolvedores do Snap!
https://learn.adafruit.com/microblocks-circuitplayground-express-orname…
O aconsellábel é facer unha instalación completa, teremos en conta que, en Windows hai que instalar os controladores serie, en MacOS hai un requisito de primeira execución e en GNU/Linux terá que engadir o seu usuario ao grupo propietario de porto serie ou executar con «sudo» (todo detallado na folla que ligamos).
http://microblocks.fun/download#setup
O máis sinxelo e empregar os «standalone excutables» (executábeis independentes, que non precisan instalación, só descargalo e darlle permisos de execución).
http://microblocks.fun/additional_downloads
Non esquecer a máquina virtual (http://microblocks.fun/additional_downloads), a concreta do dispositivo a empregar é esta: https://github.com/bromagosa/microblocks-site/releases/download/v0.2.1/…
Un exemplo:
Folla de Adafruit cun exemplo, traducida en liña: https://translate.google.com/translate?depth=1&hl=gl&rurl=translate.goo…
Titoriais:
http://microblocks.fun/stories#tutorials
Manual en catalán, doado de entender: http://wiki.edutec.citilab.eu/Introducció_a_MicroBlocks
Outra opción é empregar O Microsoft MakeCode:
MakeCode
Programación por bloques para principiantes, execútase en liña.
https://learn.adafruit.com/using-circuit-playground-express-makecode-ci…
En Debian estábel e en Ubuntu, pode instalarse a versión de desenvolvemento do MakeCode. Para facer a instalación requírese ter algunha experiencia traballando en contornos GNU/Linux, pero para a súa execución é tan sinxelo como a versión «online». Recomendamos esta opción para os casos de aulas, nos que o mestrado prepare os equipos ou para cativos cuxos equipos os administra alguén con experiencia no SO.
https://learn.adafruit.com/installing-makecode-for-adafruit/installing-…
NOTA: Tamén pode facelo en Windows ou MacOS empregando «Vagrant»
https://learn.adafruit.com/installing-makecode-for-adafruit/installing-…
Coa colaboración de:
Espazo cedido gratuitamente polo Concello de Vigo coa colaboración da Concellería de Participación Cidadá
Este obradoiro forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2019 da Xunta de Galicia.
- Log in to post comments