A Xunta de Galicia humilla e bota por terra as esperanzas da comunidade de Software Libre ao licitar un pagamento de case 5 millóns de euros á multinacional Microsoft afincada en Irlanda para o pagamento de licencias.
A Secretaría Xeral, representada por Mar Pereiro, puxérase en contacto con diferentes colectivos da comunidade de Software Libre entre os que se atopaba AGASOL, Oficinas de Software Libre das Universidades Galegas e mesmo as Asociacións de Usuarios de Software Libre, onde unha das liñas de actuación claras era a promoción das TIC baseadas en estándares abertos e software de fontes abertas.
Segundo as nosas informacións, non chega al millón de euros o "apoio" da Secretaría Xeral a estes colectivos fronte as cifras multimillonarias que se pagan repetidamente por renovación en licencias e que non xeran emprego local algún.
Entre as vantaxes de Software Libre están a de xeración de coñecemento e estandarización dos formatos que permite empregar a mesma información independentemente da aplicación ou programa empregado. Ademais co investimento (non gasto) en empresas e recursos locais se permite pagar impostos aquí co que revertería unha parte ás arcas da administración e non pagando royalties que se van ao estranxeiro descapitalizando a Galicia.
Novas coma esta non axudan á promoción do SwL e xeran desconfianza nas promesas feitas polo goberno.
- Log in to post comments