5º obradoiro dos SLAltamar ─ Hardware Libre no CPI Alcalde Xosé Pichel

O próximo obradoiro dos Sábados Libres na Altamar, terá lugar o vindeiro 30 de maio, e desenvolverase na Residencia Altamar.

Unha experiencia formativa con Hardware Libre

A cargo do grupo PatacaLabs (@patacalabs) do CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco, A Coruña). Alumnos con idades entre 14 e 17 anos, baixo a dirección do profesor Tucho Mendez (@procastino).

As fedelleiras e os fedelleiros do PatacaLabs fannos a seguinte proposta:

En novembro de 2013, a nosa proposta para organizar un club de robótica extraescolar, PatacaLabs, foi considerada por GALPon merecedora de axuda.

Naquela altura comezamos as nosas sesións de tarde no Pichel, nas que quixemos traballar desde unha perspectiva diferente á da educación reglada, e procurar que as rapazas e rapaces foran protagonistas e directoras da súa aprendizaxe, do seu contido e dos seus ritmos.

No proceso, houbo cambios de filosofía, organización, obxectivos, participantes… tamén  intres de emoción e de desánimo, aprendemos cousas que non tiñan que ver coa robótica e topámonos en demasiadas ocasións con esa educación «oficial» que tentabamos evitar.

Un ano e poucos meses despois, alumnado e profesor, presentamos a memoria do traballo feito neste tempo. Moi lonxe de acadarmos os ambiciosos obxectivos que nos propuxemos nun principio, faremos repaso dos moitos erros cometidos e dos humildes éxitos acadados, agardando que a nosa experiencia sirva de guía para quen estea interesado en emprender un camiño semellante.

Faremos tamén tres pequenas prácticas, guiadas polos membros de patacalabs, nas que veremos o funcionamento dun controlador de motores, o manexo de sensores de IR con Arduino para facer segueliñas, e un chisco de deseño 3D aplicado á impresión, empregando OpenSCAD, coas que agardamos pasar unha boa mañá aprendendo xuntos!

Para a realización destas prácticas disporemos de hardware para prestar aos asistentes. Recomendamos que traiades instalado no voso portátil o seguinte software:

Este obradoiro deriva do Proxecto de automática/robótica con Hw Libre patrocinado por GALPon

No remate desta actividade, GALPon presentará a próxima convocatoria desta experiencia de colaboración.

Premede na imaxe para ir ao mapa

Horario:
Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)
Parada para xantar das 14h ás 16h
Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)

Coma sempre é necesario que vos apuntedes no correspondente formulario de inscrición.

Tamén podedes seguir o desenvolvemento desta actividade no «evento no G+»

Asociación Xuvenil Altamar

Logo-A-X-Altamar.png

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia

Logos-xunta-2013 alfa.png

Este ciclo de Sábados Libres na Altamar, forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.