III minino-devconf

Por fin!

Despois de non dar atopado unhas datas nas que puideramos coincidir ós máis posíbeis, finalmente imos xuntarnos os que dun xeito ou outro colaboramos no desenvolvemento de MiniNo, PicarOS e minino4RPi. Isto será o vindeiro sábado día 2 a partires das 11 da mañá.

Falaremos fundamentalmente do desenvolvemento da minino4RPi e das últimas corrección e melloras a aplicar na próxima PicarOS e ver se é convinte facer unha revisión da MiniNo 2.0

Vémosos!

Esta actividade forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.