Vostede está aquí

Nova festa dos mapas (Mapping Party) de OSM

O sábado 3 de outubro teremos unha nova edición da festa dos mapas (Mapping Party) de OpenStreetMap.

Esta edición contará con dúas actividades paralelas:

1. Unha de iniciación, ao igual que a pasada do 25/10/2013

Dirixirán o obradoiro:

Coa colaboración de Xeoinquedos capítulo galego de Geoinquietos

O obradoiro organizase do seguinte xeito:

  • 10:00 - 11:00 Explicación de OSM, como se levanta información, organización de equipos e reparto pola zona a cartografar».
  • 11:00 - 14:00 Levantamento de información no campo.
  • 16:00 - 19:30 Traballo con computadores para enviar a información a OSM (explicarase como utilizar os datos nos nosos propios proxectos, resolución de consultas, ...)
  • 19:30 . 20:00 Peche do obradoiro, revisión do traballo realizado.

Na medida do posíbel, os asistentes deberán levar, ademais do seu computador, calquera dos seguintes aparellos:

  • GPS
  • Móbil con GPS
  • Cámara de fotos (dixital)

En función do material deste tipo que poidamos xuntar organizaremos os equipos de traballo no campo.

2. Outra para a xente que xa asistiu a anterior na que haberá máis traballo de campo ou un afondamento técnico (isto dependerá da dispoñibilidade da persoa que se fará cargo)

Dirixido por:

É un experto colaborador de OpenStreetMap, apaixonado polo software libre e o coñecemento aberto.
Rafael forma parte do Grupo de Activacións do Equipo Humanitario de OpenStreetMap (HOT). O HOT ten como misión asistir a organizacións humanitarias no cartografado colaborativo para a resposta a desastres naturais e crises políticas, así como no desenvolvemento económico e a preparación ante desastres.
Como membro do HOT, Rafael participou na activación da crise na República Central Africana, o terremoto de Nepal, o tifón Haiyan en Filipinas, a epidemia do Ébola en África e a loita pola erradicación da poliomielite no norte de Nixeria, entre outros. Actualmente é o coordinador da activación para a crise humanitaria no NE de Nixeria.

Opcións:

Localización:

Premede na imaxe para ir ao mapa

Nota: O computador poderedes deixalo custodiado baixo chave na Residencia Altamar, así non teredes que cargar con el.

Coma sempre é necesario que vos apuntedes no correspondente formulario de inscrición.

Tamén podedes seguir o desenvolvemento desta actividade no «evento no G+»

Asociación Xuvenil Altamar

Logo-A-X-Altamar.png

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia

Logos-xunta-2013 alfa.png

Este ciclo de Sábados Libres na Altamar, forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.