Vostede está aquí

Publicación da PicarOS Diego 2015

Novidades:

Tras varios cursos consecutivos utilizando PÍCAROS a pé de aula, axustando detalles, engadindo suxestións dos nosos compañeiros nos cursos sobre PÍCAROS, corrixindo bugs, incorporando novos programas para necesidades concretas, modificando os xa existentes para que se adapten un chisco mellor aos nosos alumnos … sentímonos orgullosos de presentar un ano máis unha nova versión de PÍCAROS, con novidades para os nenos, para as familias e tamén para os nosos colegas mestres e mestras. Antes de nada comentar que a maior parte deste documento e, deste outro, seguen estando ao día agás as novidades que imos comentar a continuación:

Sistema

  • Engadimos novos drivers de impresoras/fotocopiadoras (Ricoh, Konika-Minolta, Gestetner...e moitísimas máis, tomadas directamente de openprinting.org)

  • Aínda mantemos o mesmo kernel, pero engadimos novos drivers de tarxetas WIFI para poder utilizar os novos dispositivos que están a saír hoxe día ao mercado.

  • Engadimos compatibilidade para máis encerados dixitais, en concreto, hai compatibilidade con StarBoard (Hitachi), SmartBoard, Multiclass e Promethean, ademais de ter o sistema preparado para configurar rapidamente unha PDI de baixo custo utilizando o mando da Wii. Todos cos seus correspondentes programas para calibrar o encerado.

  • Existe unha categoría «System» nos iniciadores agochada de forma predeterminada, para acceder a ela hai que abrir calquera categoría do panel superior e premer a tecla de retroceder (borrar).

  • Incluído un sinxelo script que nos informará da velocidade das nosas memorias USB ou discos duros.

  • PÍCAROS ten un escritorio moi livián (120Mb RAM apróx), pero preparamos un script que modifica efectos visuais, desactiva servizos e programas no inicio, cambia un pouco o aspecto, pero mantendo as súas funcionalidades e engade máis memoria SWAP...todo para reducir aínda máis o uso de RAM e mellorar a velocidade en equipos MOI vellos. O script chámase Caracol e pódese atopar tamén no menú «Utilidades de Minino».

  • Actualizado un lanzador para crear o noso propio liveDVD personalizado de PÍCAROS con só un clic de rato.

  • Programa para recuperar arquivos borrados de tarxetas de memoria, pendrives ou discos duros estragados ou formatados accidentalmente. Moi doado de utilizar e moi potente, pois pode utilizar até tres motores de procura diferentes.

  • Engadidos algúns sinxelos scripts para cambiar o tamaño da memoria SWAP, para cambiar o nome do equipo, e para engadir os menús superiores ao administrador de arquivos «Caixa».

  • A petición de varios compañeiros, modificamos o estilo de escritorio «Netbook» para que teña o panel principal abaixo e póidase utilizar o escritorio como un cartafol máis.

  • Actualizado o panel superior (lxpanel) para que amose correctamente a batería nun portátil.

  • Incluímos tamén un programa para actualizar os iniciadores, deste xeito, poderase dispor de novos programas, correccións ou traducións sen ter que instalalo todo de novo.

  • Agora Timidity non se carga no inicio do sistema, senón que se activa só se algún programa con MIDI necesítao.

  • Por último, se un iniciador é arrastrado sobre a miniaplicación «Chanclas», amosará a axuda que vaiamos subindo a Youtube sobre ese programa concreto.

Accesorios

  • Lector, un programa que le calquera texto seleccionado en calquera aplicación: LibreOffice, navegadores de Internet, PDF, etc…; pero que ademais, está preparado para ler os libros dixitais das editoriais (que non permiten selección, moi considerados eles >:-/) ou os PDF escaneados como imaxes, xa que realiza un recoñecemento de caracteres ao voo.

  • Engadidos novos reloxos dixitais, temporizadores de conta atrás, reloxos analóxicos e reloxos didácticos.

  • Alea, un programa que aleatoriza unha serie de palabras separadas por comas para utilizar en concursos.

Gráficos

  • Camiseta, un sinxelo programa para ver como quedaría pasado o ferro o teu logo nunha camiseta.

  • Engadido programa para ver fractais.

  • Incluímos nesta versión un programa para crear Stereogramas.

  • Novo programa de recorte de imaxes que agora permite recortar múltiples imaxes dunha soa, ideal cando temos que recortar as caras dos nosos alumnos nunha foto de grupo.

  • Actualizado GIMP á versión 2.8.14. e engadido Gmic que nos achega un centenar de efectos novos.

Xogos

  • Para os recentemente chegados, programas para practicar o arrastrar e soltar, o clic e o dobre clic, o control fino dos movementos do rato (labirintos).

  • Gatino, xogo de lóxica.

  • Kidsudoku, un sudoku para os máis pequenos.

  • Sudokuki, xogar, crear ou imprimir sudokus.

  • Mr.Rescue, rescata ás persoas dun edificio en chamas.

  • Clásicos que agora son libres: Prince of Persia, Maze of Galious, Xquest2

  • Regame, o xogo da reciclaxe.

  • Tic tac toe, o tres en raia.

  • Corrixido bug en jclic, agora apunta a Firefox, xa que Chrome non abre programas en Java.

  • Corrixido bug no lanzador de Plop3D.

  • Clásico xogo Conecta4

Internet

  • Actualizados Firefox e Google Chrome. Firefox configurado con Anti-tracking.

  • Programas para descargar calquera cousa de Youtube, vídeos, canles enteiras, listas de reprodución, subtítulos…

  • Sinxelo script para descargar cancións ou listas de reprodución de Goear.

Multimedia

  • Engadido Mixxx para a mestura de música en eventos e festas.

  • Incluímos un programa para aprender cancións a piano visual e sinxelo chamado Linthesia.

  • Monkey Drum agora non necesita conexión a Internet para funcionar.

  • MFC, un comparador de notas entre a guitarra e o piano.

  • Play it slowly, un programa que axuda a enlentecer cancións, útil para os mestres de inglés.

  • Engadidas unhas liñas ao lanzador de «DescargaTube» para que actualice youtubedl si for necesario, así non deixará de funcionar cando en Youtube cambien as etiquetas.

Oficina

  • MatPuzzle, un xerador de fichas matemáticas tipo quebracabezas.

  • Incluímos unha ligazón directa á web de Tagxedo, o famoso programa para xerar nubes de palabras, e aínda que os seus autores din que é imposible inicialo en Linux, preparamos Firefox para que execute o patético Silverlight e poder utilizalo.

  • Sinxelo script que converte un PDF nun panfleto de dúas caras.

  • Actualizados o guillotinador de PDF, o Xerador de diplomas, o Creador de carnés e Genxword para facer encrucillados.

  • En LibreOffice engadimos un separador de sílabas en cores e arcos baixo cada sílaba.

  • Creamos desde cero un curso completo de mecanografía para Ktouch con 500 leccións + 50 pequenos textos no que sempre que foi posible utilizamos palabras e frases reais en lugar de repetir duascentas mil veces combinacións de letras sen sentido como ocorre na maioría dos cursos deste tipo.

Outros

  • Ao premer F12 podemos definir atallos de teclado. Engadimos un tradutor de palabras e un dicionario. Tamén un script que nos permitirá comezar unha videocaptura (accesible tamén desde o menú «Utilidades de Minino». E por último un programa que le a pantalla.

  • Incluímos unha sección especial para o tratamento didáctico das matemáticas cunha colección de programas que axudarán en gran medida a visualizar, repasar e a manipular virtualmente os diversos conceptos matemáticos (comparación de números, comparación de fraccións, estatística, figuras xeométricas, igualdades, xeoplanos, fractais, franelogramas virtuais, liñas numéricas, números primos, ábacos, polígonos, reloxos interactivos, calculadoras clásicas, moedas e billetes, táboas de multiplicar, termómetros, transportadores de ángulos, temporizadores, etc…

  • Tamén incluímos un programa para introducir aos mozos na criptografía, Krypto, con todos os cifrados clásicos, poderán cifrar as súas mensaxes e mesmo inventar novos patróns propios.

  • Un sinxelo programa para ir destapando aos poucos unha imaxe que teñen que adiviñar, serve para animar a comunicación oral nos nenos.

  • Un programa para ordenar secuencias temporais de viñetas.

  • Un silabeador de palabras.

  • Engadido ao menú «Utilidades de Minino» a aplicación Pequerrechos para o control parental do tempo de uso do computador.

  • Incluímos tamén un pequeno script para activar ou desactivar a melodía do inicio.

Preme aquí para ir á páxina de descargas

Esta publicación forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia.