Bolseiras para o Campus tecnoloxico para rapazas da UGR
Tal e como publicamos, vai exactamente un mes, GALPon convocou unha bolsa para rapazas estudantes en Galicia para asistir ao «Campus Tecnológico UGR para Chicas 2015» que organiza a Universidade de Granada, por un importe máximo de 1.000 €.
Trala selección feita polos nosos colaboradores (mestres de tecnoloxía en diferentes centros de Galicia), das solicitudes recibidas, non fomos quen de dilucidar entre dúas candidatas. Grazas a unha achega (anónima) dun socio de GALPon, puidemos conceder a bolsa a estas dúas rapazas.
- Sara Rodríguez Barrientos de 15 anos, estudante de 3º da ESO no I.E.S. Fco. Daviña Rey de Monforte de Lemos, Lugo
- Clara Piñeiro Ordoñez de 17 anos, estudante de 1º de BAC no IES Praia Barraña de Boiro, A Coruña
Os nosos parabén ás dúas, agardado que gocen da experiencia.
O próximo obradoiro dos Sábados Libres na Altamar, terá lugar o vindeiro 30 de maio, e desenvolverase na Residencia Altamar.
GALPon convoca unha bolsa para rapazas estudantes en Galicia para asistir ao «
O seguinte obradoiro deste 3º ciclo terá lugar na Residencia Altamar o sábado 25 de abril.

En GALPon temos posta toda a nosa ilusión nesta nova xornada dos nosos Sábados Libres a celebrar o vindeiro 28 de febreiro.
Xaneiro, 31 ─ Programación de Arduino & Arduino Connect
Para este ano vindeiro temos unha programación no 3º Ciclo dos Sábados Libres na Altamar, que consideramos moi apetecíbel.
Un ano máis, o equipo de GALPon MiniNo, temos preparado para vós unha nova versión de PicarOS con novidades que seguro van gustar a máis dun. Este ano centrámonos en facer a vida un chisco máis cómoda aos nosos colegas mestres e mestras de Primaria ademais de axustar os programas a este nivel educativo e preparalos para o uso na aula ou na casa.