3ª Xornada dos Sábados Libres na Altamar

[ Celebrate 30 years of GNU! ]

Coincidindo co 30 aniversario da existencia da GNU, artellaremos un curso sobre:

Vi+Bash, iniciación á programación con «bash scripting»

VIM + Bash - Iniciación á programación de «bash scripting»
Vim é un editor de ficheiros de textos moi versátil, cunha gran flexibilidade á hora de escribir scripts, modificar ficheiros de texto, etc... mais, especialmente, á hora de programar.
Bash (Bourne Again Shell) é o interprete de ordes predeterminado na maioría de distribucións GNU/Linux
Detalle da programación:

Primeiro bloque (mañá)

Iniciación a Vim
  • Interface modal
  • Ordes de desprazamento
  • Ordes de manipulación de texto
  • Usando o sistema de axuda
  • Xanelas e búferes
  • Configuración
  • Engadidos

Segundo bloque (tarde)

Iniciación a Bash
Nota: todos os exercicios realizaranse con «vim» como editor.
  • Definición e asignación de variábeis
  • Estruturas de control «case», «if», «select»
  • Bucles «for», «while» e «until»
  • funcións, ...

Evento no Google+

Fiche de inscrición

Esta actividade forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.