Esta web naceu para promover o uso do GNU/Linux e o Software Libre en xeral, asi como para servir de punto de encontro de todos os entusiastas deste software.

Reunímonos todos os últimos sábados de cada mes, contacta con nós!

Séguenos na nosa canle no Telegram https://t.me/galpon (@galpon)

e tamén no fediverso, en Mastodon @galpon@mastodon.gal

e en Pixelfed @galpon@pixelfed.social

Conversa sobre liberdade na nosa sala en Matrix #galpon:matrix.org

Segue as nosas actividades apuntandote ao noso grupo de eventos en https://mobilizon.fr/@obradoiros_galpon

Presentación da plataforma de vídeo TubeLibre

Por mor da necesidade de publicar todas as gravacións que se fixeron no Congreso esLibre os pasados 17 e 18 de abril en Melide, ocorréusenos que xa era hora de ter unha plataforma propia para non depender da oferta que fan outras asociacións ou persoas voluntarias.

Dándolle voltas ao asunto, Dende Librebit e Aitire ofrecéronnos os recursos físicos (espazo de aloxamento da plataforma) na que voluntarios de GALPon déronlle forma a unha instalación de PeerTube á que, para nomeala, recorreron á propia estrutura do que sería o seu URL tube.libre.gal, daí saíu TubeLibre, que se define como: Plataforma de vídeo libre, galega e federada para divulgación e coñecemento aberto.

Primeira pantalla TubeLibre

Open:bit -> micro:bit, robótica e software libre

Constrúe o teu primeiro proxecto con micro:bit!

Atréveste a dar os teus primeiros pasos na programación? Neste obradoiro aprenderás a programar a micro:bit con MicroBlocks dun xeito sinxelo e moi intuitivo.
A BBC micro:bit é unha pequena tarxeta (4x5cm) que permite ser programada dun xeito moi doado e divertido grazas ao sistema de bloques. Tanto a maquiniña como o software son de código aberto.
A través da exploración e do xogo, descubrirás como crear pequenos proxectos interactivos e darás tamén unhas primeiras nocións de robótica, aproveitando dispositivos como os robots con rodas Maqueen, para ver como o código cobra vida no mundo real.
Non fai falla experiencia previa: só ganas de aprender, experimentar e pasalo ben!

  • Obradoiro práctico e participativo
  • Ideal para comezar desde cero
  • Aprende facendo: programa, proba e crea
  • Introdución á programación e á robótica
  • Trae o teu portátil, nós poñemos as micro:bit os robots con rodas e o resto do material

esLibre26 en Melide: dous días de comunidade, aprendizaxe e moito máis

Foto grupo venres 17

Aínda coa sensación de ir todo moi rápido, pechamos esLibre26 en Melide cun sorriso e tamén cun certo baleiro após dous días intensos. Para as persoas que formamos parte da organización desde GALPon, foi unha edición especial. Non só polo traballo previo, senón polo que significaba levar esLibre a un lugar como Melide.