Esta web naceu para promover o uso do GNU/Linux e o Software Libre en xeral, asi como para servir de punto de encontro de todos os entusiastas deste software.

Reunímonos todos os últimos sábados de cada mes, contacta con nós!

Séguenos na nosa canle no Telegram https://t.me/galpon (@galpon)

e tamén no fediverso, en Mastodon @galpon@mastodon.gal

e en Pixelfed @galpon@pixelfed.social

Conversa sobre liberdade na nosa sala en Matrix #galpon:matrix.org

Linux Preload

Nestes días nos que moitos de nos andamos a buscar equipos que non veñan pre-infectados co virus de Redmond, puxemonos a buscar e atopamos esta páxina: http://linuxpreloaded.com/ na que atopamos algunhas cousas interesantes.

De entre todas, gustariame salientar a marca española Mountain, que ten unha familia básica moi axeitada http://www.mountain.es/PORTABLE-Business-Productivity (procesador i5 e 4 GB RAM por 679,00 € IVE incluído). Dispón tamén doutros modelos máis potentes ou axeitados para un traballo máis intensivo.

Día da Liberdade dos Documentos 2014

Comezamos a camiñar cara ao:

ás 10:45h

no Salón de Graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UniversidadeVigo

Contaremos coa presencia do Técnico da Oficina de Software Libre da Universidade de Granada D. A. Pablo Hinojosa Gutierrez (@pisicobyte_) para falar sobre «A necesidade de liberar a documentación académica e de investigación»

Esta conferencia vai dirixida especialmente aos alumnos de Tese, TFG, PFC, doutorandos, investigadores ... e a todo o público interesado na Cultura e nos estándares Libres.

A seguir teremos un debate aberto sobre a tese da ponencia.

Todo un éxito da familia MiniNo

Remata o ano e quixemos facer unha revisión do estado das descargas das distintas versións de GALPon MiniNo actualmente dispoñíbeis para descarga e este é o estado:

  • Ártabros (2.0):              9.020
  • Alguadaira (1.2.2) i486: 2.589
  • Alguadaira (1.2.2) i686: 1.879
  • PicarOS Diego (2013):   2.164
  • TOTAL:                       15.652

Remate do ciclo de obradoiros «Sábados Libres na Altamar»

O pasado sábado 30 realizouse o quinto e último obradoiro programado para este ano dentro do ciclo dos «Sábados Libres na Altamar» que organizamos da man da Asoc. Xuvenil Altamar e co Patrocinio da AMTEGA nos espazos cedidos pola Residencia Altamar.

Chega o momento dos agradecementos e non quixeramos que se nos esquecera ninguén:

  • No primeiro lugar, agradecervos a vosa presencia a todos os que asistichedes a estes obradoiros por conseguiredes crear un excelente entorno de traballo e facer que na «biblioteca» sentísemos a presencia dunha «comunidade».
  • Especial recoñecemento aos ponentes/profesores polo traballo desenvolvido e por ternos «transferido libremente» os vosos coñecementos.
  • Agradecer as facilidades dadas pola Dirección da Residencia Altamar, permitíndonos sentir como na casa, e aos rapaces da directiva da Asoc. Xuvenil Altamar por simplificarnos todo o traballo.

A xeito de resumo, algúns datos:

  • Total de asistencias ao ciclo 122
  • Total de persoas (únicas) que asistiron ao ciclo 71
  • Total de horas de actividade 32h:30m
  • Total de enquisas recollidas 83

Finalmente, darlles a benvida aos 3 novos socios de GALPon, xurdidos da camaradería destas xornadas.

Permanecede atentos a esta web e ao grupo de GALPon no G+ xa que xa estamos a artellar o ciclo do ano de que ven, do que podedes ver as notas previas no noso wiki

Esta actividade forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.