Sábado 31 de maio
POR FORZA MAIOR (enfermidade do director de obradoiro) queda aprazado para o sábado 7 de xuño.
Introdución ao concepto de «obxecto» e primeiros desenvolvementos.
Obradoiro dirixido por Sergio Costas (aka rastersoft), desenvolvedor de diversos proxectos de SW
- Introdución
- Que NON é a POO?
- Que é a POO? Encapsulación, herdanza e polimorfismo
- Clases e obxectos
- Encapsulación
- Propiedades
- Métodos
- Getters e setters
- Métodos e propiedades estáticos
- Clases e obxectos en Python e Vala
- Definición dunha clase en Vala
- Definición dunha clase en Python
- Instanciar un obxecto en Vala
- Instanciar un obxecto en Python
- Acceso a métodos en Vala
- Acceso a métodos en Python
- Herdanza
- Necesidade e importancia da herdanza
- Herdanza en Vala
- Herdanza en Python
- Polimorfismo
- Necesidade e importancia do polimorfismo
- Métodos virtuais en Vala
- Interfaces en Vala
- Duck Typing en python
Horario:
Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)
Parada para xantar das 14h ás 16h
Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)
Inscricións:
Aínda que a asistencia é de balde, a fin de poder respectar a capacidade máxima do espazo e prever os medios técnicos, é OBRIGATORIO inscribirse no correspondente formulario
Podedes seguir a evolución no «evento» no G+
Coa colaboración de:
Asociación Xuvenil Altamar
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia
Esta actividade, así como o ciclo de Sábados Libres na Altamar, forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.
- Log in to post comments