Sábados Libres na Altamar ─ R: Entornos gráficos e creación de paquetes

O próximo sábado 26 de abril, continuamos cos obradoiros de R.

Este obradoiro vai seren dirixido por Miguel Anxo Rodríguez Muíños, técnico informático na Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia

Programa:

  • Introdución
    • R como linguaxe de programación (algo mais que un software estatístico)
  • Entornos de usuario para R
    • Rstudio
    • RCommander
    • Deducer
    • RKward
  • Desenvolvemento de entornos gráficos para os nosos programas
    • gWidgets2 (tcltk)
  • Distribución e publicación das nosas aplicacións: Creación de paquetes
    • Os repositorios «oficiais»
      • CRAN
      • Bioconductor
    • Creación de paquetes
      • Rtools
      • A función package.skeleton()
    • RStudio

Os obxectivos da xornada son os de:

  • Coñecer as diversas opcións de IGU existentes e para que serve cada unha delas.
  • Desenvolver os nosos propios entornos gráficos
  • Crear paquetes para publicar e distribuír os nosos programas

Nota 1: Recomendámosvos que levedes xa instalado no voso computador o software R, e  RStudio
Nota 2: Outra alternativa é utilizar EpiLinux dende unha máquina virtual ou nun dispositivo/memoria USB
Nota 3: Os que pretendan seguir este obradoiro cun S.O. Windows tamén poden empregar o BioStatFLOSS Portable

Seguimento da actividade: Podedes seguir esta actividade no evento no G+ ou no Twitter coa etiqueta (HT) #SLAltamar

Horario:
Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)
Parada para xantar das 14h á 16h
Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)

Límite de inscricións
Por mor da complexidade deste curso, a inscrición limítase a 24 prazas, sendo OBRIGATORIA a inscrición no  corresponde formulario.

Coa colaboración de:
Asociación Xuvenil Altamar

Logo-A-X-Altamar.png


Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia

Logos-xunta-2013 alfa.png