Isaac Abreu Rodríguez Secretario do Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra, a indicación do Sr. Presidente, convoca a todos os socios a Asemblea Xeral Ordinaria a celebrar o SÁBADO, 29 DE MARZO, as 18:30 horas en primeira convocatoria, e as 19:00 en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:
1.- Aprobación, se procede, da acta da xuntanza anterior
2.- Examinar e aprobar, se procede, a memoria de actividades
3.- Examinar e aprobar, se procede, as contas e balances do exercicio 2013
4.- Aprobación, se procede, do plan de actividades para o 2014
Así mesmo, convócase na mesma data SÁBADO, 29 DE MARZO, a Asemblea Xeral Extraordinaria as 19:30 en primeira convocatoria e as 20:00 en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
1.- Elección dos membros da Xunta Directiva
2.- Ratificación de altas e baixas.
As Asembleas terán lugar na «Residencia Altamar», Rúa Cesáreo Gonzalez, 4 en Vigo.
Prégase a asistencia de todos os socios (lembrar que para exercer o dereito a voto, debe estarse ao día no pago da cota, lembrámosvos así mesmo que a cota é por anos naturais).
Para os que estades fora, manteremos aberta unha sesión en https://appear.in/. Os interesados mandarlle un correo ao Sr. Secretario (secretario en galpon org) para que vos poidamos dicir o nome de «sala».
Nota: Podedes descargar de aquí o impreso de delegación de voto, esta delegación de voto, unha vez asinado deberedes enviarllela ao Sr. Secretario, ou se é por correo postal á nosa sé na Rúa Uruguai, 8, 5º, of. 8 en Vigo CP 36201.
- Log in to post comments