Esta web naceu para promover o uso do GNU/Linux e o Software Libre en xeral, asi como para servir de punto de encontro de todos os entusiastas deste software.

Reunímonos todos os últimos sábados de cada mes, contacta con nós!

Séguenos na nosa canle no Telegram https://t.me/galpon (@galpon)

Conversa sobre liberdade na nosa sala en Matrix #galpon:matrix.org

Volven as xuntanzas mensuais de GALPon

Pasado o tempo das vacacións toca volver vernos e seguir planificando cousas e revisando as feitas.

Como sempre será cada último sábado de mes e a hora as 18:30 para os membros da Xunta directiva e as 19:30 para o resto da xente. Lembrade que que quen, sendo socio, queira asistir desde primeira hora e seguir os debates da Xunta directiva, pode facelo.

Para a xuntanza xeral, a partires das 19:30, estades convidados todos, socios, non socios, curiosos ou visitantes seredes ben recibidos.

Agardámosvos

Sala de GALPon en Matrix

Dende @galpon convidamosvos a todos os usuarios de GNU/Linux a unirse á nosa sala en Matrix (p. ex. empregando Riot).

Matrix é un protocolo de comunicacións concebido como estándar aberto, interoperable e descenttralizado. Permite comunicarse cos protocolos de tecnoloxías máis recentes e tamén coas máis antigas (actualmente é totalmente compatíbel con XMPP e IRC, tamén se comunica con Slack, Skype e Lync)

Mapas libres na web a partires de 0

Creando e integrando un mapa dinámico (Slippy Map)

Unha vez máis, en GALPon estamos a artellar un obradoiro especializado dirixido, pero non de xeito excluínte, a desenvolvedores e editores web.

Cada vez máis é necesario integrar algún mapa na web, ven sexa algo simple como indicar unha localización/posición ou capas descritivas dunha actividade humana, meteorolóxica, xeográfica, etc...

Última actualización MiniNo Ártabros

Etiquetas

 

Segundo Debian, o próximo 31 de maio acabase a asistencia para wheezy-lts, o que signifca que «morre» definitivamente. A fin de que poidades sacarlle partido durante algún tempo máis, fixemos unha actualización que publicamos como versión 2.2. Para aquelas persoas que xa a tendes instalada, en calquera das súas dúas versións (full ou minimal), preparamos un script e novos repos que podedes aplicar.

Comparativa de distros «lixeiras» en Podcast Linux

Onte, mércores de antroido (14 de febreiro), publicouse o podcast de Juan Febles no que comenta as súas probas de distros lixeiras.

https://avpodcast.net/podcastlinux/distrosligeras/

«Muy buenas, oyente de Podcast Linux, mi nombre es Juan Febles y hoy estoy puntual a la cita quincenal con un episodio para mostrarte mis experiencias con distros ligeras.