Xornada de introdución a «Godot Engine»

En colaboración coa comunidade de usuarios de Godot Engine en Galicia, Estamos a organizar unha xornada de encontro, con obradoiros e relatorios sobre o motor de xogos libre.

Se tendes xente miúda na casa, á que lles gusten os videoxogos, está previsto un obradoiro para eles en horario de mañá. Aproveitade para que coñezan e practiquen unha actividade divertida.

Programa:

11:00 — 11:55

  • Unha breve presentación de Godot a través dos seus xogos
  • Relatora: Maestra Paladin
  • Bio: Mariola Juncal (ella/a). Profesora de FP e project manager en i+D. Afeccionada aos videoxogos e redactora en OrgulloGamers. Emprega Godot como forma de canalizar as súas inquedanzas creativas e forma parte de diversas comunidades como TodoGodot e Godoteires de Galicia.
  • Descrición: Explicaranse as posibilidades de Godot empregando como base xogos feitos nese motor. Contémplanse xogos de éxito, de nicho e futuros publicacións. Verase o «Godot Engine – 2024 Showreel».

12:00 14:00

  • Facendo o meu primer xogo en Godot
  • Poñente: nekerafa
  • Bio: Rafael Alcalde (elu/e) estudou na FIC da UDC, e actualmente é desenvolvedore Web Full-Stack con 5 años no sector das tecnolóxicas. Ademáis forma parte de comunidades como TodoGodot e Godoteires, estuda actualmente o master en programación e deseño de videoxogos na UOC, é secretarie da asociación galega Videoxogo.gal e a persoa que administra tecnolóxicamente o servidor de mastodon.gal.
  • Descrición: Obradoiro no que, mediante o complemento «Godot Block Coding», os máis cativos farán un pequeno xogo 2D mediante programación visual (por bloques).

16:00 16:55

  • Xogos dende a rabia. De como facer un xogo a semana despertoume unha inquietud artística.
  • Relator: Carlos Cortés
  • Bio:  É desenvolvedor de videoxogos con 11 anos de experiencia, pasando pola sua carreira profesional traballando en xogos como A Place for the Unwilling ou Friends vs Friends ata facer os seus propios xoguiños no seu itch.io (ccglp.itch.io)
  • Descrición: No 2023 fixen un xogo cada semana, a inmensa maioría (todos agás 3) foron feitos con Godot. Querería falar sobre como facer xogos cada semana como unha cousa incorporada na miña rutina fixo que me decatara do tipo de xogos que me gusta facer e como o utilicei tamén pra desafogarme das cosas que estaban a pasar na miña vida.

17:00 17:55

  • Adaptando a narrativa da historia ás mecánicas de xogo
  • Relatora: Lucía Ferro
  • Bio: (ela/a) É escritora profesional de ficción, poesía e ensaio cunha extraña curiosidade polo mundo dos videoxogos como novo medio educativo e de comunicación.
  • Descrición: Un dos puntos clave á hora de deseñar un videoxogo son as mecánicas posto que definen o «engagement» do xogador co mesmo. Mais a longo prazo pode semellar que as mecánicas carecen de sentido e daquela o xogador perde a súa motivación. Neste relatorio trataremos de explorar como se pode adaptar a historia ás mecánicas de xogo para que a narrativa funcione como un complemento de reforzo que saliente o valor das mesmas.

18:00 — 18:55

  • Xestionar a complexidade nun videoxogo mediano
  • Relator: José Manuel Ventoso - jsmtux
  • Bio: (el/o) Estudou na FIC e traballou en diferentes áreas do desenvolvemento de software como videoxogos, medicina ou navegadores GPS no Reino Unido e Países Baixos. Actualmente esá de volta en Galicia, buscando traballo en software libre.
  • Descrición: Participar en «jams» ou facer pequenas experiencias xogables é unha moi boa maneira de iniciarse no desenvolvemento de videoxogos. Cando nos movemos a proxectos máis grandes precisamos engadir máis niveis, menús, personaxes con comportamentos diferenciados entre outras moitas cousas. Existen moitos menos recursos dispoñibles á hora de estruturar un xogo para que poida medrar dunha maneira controlada. Nesta charla tratarei de compartir técnicas que adoptei no meu proxecto actual e mostrar que mentalidade sigo á hora de tomar decisións que teñen que ver co deseño das escenas.

19:00 — 19:55

  • Detrás do desenvolvemento de videoxogos
  • Participa: Rocío Tomé
  • Bio: (ela/a) Desenvolvedora de videoxogos cunha ampla experiencia en varios proxectos en empresas relacionadas ao sector, entre elas Unity Technologies. Cofundadora de FemDevs, nas súas redes divulga o desenvolvemento do seu novo xogo Wax Heads, realizado integramente en Godot xunto ao deseñador Murray Somerwolff, e eles forman, ámbolos dous, Pattatie Games
  • Descrición: Mesa redonda moderada por Rafael Alcalde onde veremos como é un desenvolvemento dun xogo comercial, a odisea de cambiar dun motor de videoxogos como é Unity a Godot e outras preguntas do público.

 

Nota: o programa aínda non está pechado, agardamos máis propostas.

Requisitos de asistencia

Os participantes teñen que traer o seu propio computador portátil

  • Data: sábado 29 de marzo
  • Hora inicio obradoiro: 10:00
  • hora remate obradoiro; 19:30
  • Duración total: 7h 30min (9h 30m incluído o tempo do xantar)
  • Prazas dispoñíbeis: 40
  • Lugar: A Industriosa
    • Rúa Gregorio Espino 38, entresollado 3 (36205 Vigo, Pontevedra - Galicia)

Inscrición:

De balde, e imprescindíbel que vos inscribades. Para inscribirse tedes que ir á nosa páxina de eventos en Mobilizón e anotarvos neste evento,  premendo no botón   Participa  . A data límite será a do 22 de marzo ás 12 da noite, sempre que non se esgoten as parazas antes.

Como chegar:

Ver en pantalla completa

 

Iremos modificando esta entrada segundo as cousas vaian cambiando.

 

Coa colaboración de:

logotipo godoteires

  logo A Industriosa

  logo librebit

Patrocinado por:

Logotipo amtega_novo

Esta actividade enmarcase dentro das actuacións en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), ao abeiro do Plan de acción en materia de Software Libre no marco da Estratexia Galicia Dixital 2030.