GALPon pretende organizar, en Vigo (e, porque non, noutra vila) unha serie de obradoiros para cativos para que traballen a programación por bloques con placas micro:bit.
Os destinatarios destes obradoiros son cativas e cativos de 7 a 12 anos para que traballen cos contornos de programación microblocks e makecode. asemade traballar cos materiais de https://learn.adafruit.com/search?q=microbit.
Para levalos a bo fin, precisamos de persoas dispostas a dedicar algunhas mañás de sábado entre os meses de xuño e de outubro.
Estas persoas pasarán a ser «alumnos» do obradoiro que tamén estamos a organizar de formación de formadores sobre contornos de programación por bloques. Ademais nós farémonos cargo de calquera gasto e dalgún incentivo para este «profesorado voluntario». Entre os incentivos pode estar o equipamento dalgunha aula, etc.
Se estás interesado, apúntate neste formulario e porémonos en contacto contigo para acordar a túa colaboración.
- Log in to post comments