Trala experiencia na esLibre, tendo en conta que os voluntarios que argallaron toda a parte tecnolóxica de gravación e difusión, aínda teñen fresco nos miolos todos os pasos, dificultades, erros cometios, problemas xurdidos, propúxose facer un obradoiro para practicar sen a tensión dun evento en directo.
Empregaremos o material de son que se empregou en Melide e que GALPon vai poñer ao dispor de asociacións,entidades e grupos afíns, para a realización dos seus eventos. Este material consiste en sistemas de micrófonos sen fíos, de diadema, de solapa e de man, mesturadores e interfaces de son a USB, altofalantes, cámaras de vídeo, etc.
Practiaremos tamén coa configuración do software, nomeadamente OBS e BigBlueButton sobre GNU/Linux Debian.
A entrada é pública, libre e de balde,
📅 Sábado 27 de xuño (2026)
Comezaremos sobre as 11 da mañá, xantaremos, seguiremos e, após, a xuntanza mensual de #GALPon
A Industriosa
Gregorio Espino 38, entresollado 3
36205 Vigo
- Log in to post comments