Como unha xornada máis dos Sábados Libres na Altamar, o último sábado de outubro (25) imos facer unha festa dos mapas (mapping party) para levantar datos dalgunha zona de Vigo (aínda por decidir).
Dirixirán o obradoiro:
Micho García
Francisco P. Sampayo
Coa colaboración de Xeoinquedos capítulo galego de Geoinquietos
O obradoiro organizase do seguinte xeito:
- 10:00 - 11:00 Explicación de OSM, como se levanta información, organización de equipos e reparto pola zona a cartografar.
- 11:00 - 14:00 Levantamento de información no campo.
- 16:00 - 19:30 Traballo con ordenadores para enviar a información a OSM (explicarase como utilizar os datos nos nosos propios proxectos, resolución de consultas, ...)
- 19:30 . 20:00 Peche do obradoiro, revisión do traballo realizado, aplausos :-)
Na medida do posíbel, os asistentes deberán levar, ademais do seu computador, calquera dos seguintes aparellos:
- GPS
- Móbil con GPS
- Cámara de fotos (dixital)
Nota: O computador poderedes deixalo custodiado baixo chave na Residencia Altamar, así non teredes que cargar con el.
En función do material deste tipo que poidamos xuntar organizaremos os equipos de traballo no campo.
Como sempre, teremos que cubrir a folla de inscricións
Podedes seguir a evolución do obradoiro no «evento» no G+.
Mapa OSM coa referencia da Residencia Altamar
Coa colaboración de:
Asociación Xuvenil Altamar
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia
Esta actividade, así como o ciclo de Sábados Libres na Altamar, forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.
- Log in to post comments