Sábados Libres na Altamar ─ Git nun entorno de traballo privado

Para este 3º obradoiro sobre GIT, que se desenvolverá o próximo 17 de maio (sábado), como sempre na Residencia Altamar de Vigo, Jesús Amieiro, director do mesmo, proponnos:
 
O máis importante é o primeiro punto, que é a instalación dun entorno de traballo privado mediante a ferramenta libre Gitolite. O resto son elementos importantes pero que se quedaron fóra dos anteriores obradoiros.

 
Título. Git nun entorno de traballo privado.
Contido:
  • Gitolite. Instalación, configuración e posta en funcionamento de Git nun entorno de traballo privado.
  • Protocolos en Git: local, SSH, Git, HTTP(S).
  • Rebase.
  • Stash.
  • Uso de submódulos.

Horario:
Pola mañá: de 10.00 a 14.00 (faremos unha pequena parada sobre as 11.50 para botar un café)
Parada para xantar das 14h á 16h
Pola tarde: de 16.00 a 18.30 (o remate pode prolongarse en función dos contidos)

Inscricións:
Aínda que a asistencia é de balde, a fin de poder respectar a capacidade máxima do espazo e prever os medios técnicos, é OBRIGATORIO inscribirse no correspondente formulario

Podedes seguir a evolución no «evento» no G+

Coa colaboración de:
Asociación Xuvenil Altamar

Logo-A-X-Altamar.png


Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ─ Xunta de Galicia

Logos-xunta-2013 alfa.png

Esta actividade, así como o ciclo de Sábados Libres na Altamar, forma parte das actividades que GALPon realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2014 da Xunta de Galicia.