Akademy-es 2019

Que é Akademy-es?

Akademy-es é o encontro anual de desenvolvedores, colaboradores e usuarios de KDE en España, celebrase dende o ano 2006 en distintas cidades do territorio español e con esta chegarase á décimo cuarta edición.

Onde se celebra este ano?

Este ano Akademy-es 2019 celebrarase en Vigo, concretamente no MARCO (Museo de Arte Contemporáneo), do 28 ao 30 de xuño, organizado por KDE España e por GALPon.

O seguinte mapa amosa a información da localización de Akademy-es, así como outra información de interese das inmediacións:

Ver o mapa a pantalla completa

Colabora e participa!

  • Asiste á Akademy-es: En KDE gústanos coñecer ás persoas que empregan e teñen interese no software libre, especialmente no desenvolvido por KDE, así que non podes faltar á Akademy-es! O rexistro abrirase ao público o día 29 de abril.
  • Patrocina o evento: Akademy-es é unha oportunidade única para darte a coñecer e coñecer xente, así que si pertences a unha empresa no dubides en patrocinar o evento. Proximamente publicaremos as modalidades de patrocinio.
  • Presenta a túa proposta de relatorio: Queres amosarnos o teu novo proxecto? Hai algo no KDE ou no Qt que teña cambiado a túa forma de traballar? Presenta un relatorio, para máis información consulta a páxina de «call for papers» para ver máis detalles. A data límite é o 19 de maio.

Podes seguir a información na páxina específica do evento na web de KDE España

                 "logo KDE"               "logo GALPon"

 

               

 

Este obradoiro forma parte das actividades que GALPon realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2019 da Xunta de Galicia.