Tal e como publicamos, vai exactamente un mes, GALPon convocou unha bolsa para rapazas estudantes en Galicia para asistir ao «Campus Tecnológico UGR para Chicas 2015» que organiza a Universidade de Granada, por un importe máximo de 1.000 €.
Trala selección feita polos nosos colaboradores (mestres de tecnoloxía en diferentes centros de Galicia), das solicitudes recibidas, non fomos quen de dilucidar entre dúas candidatas. Grazas a unha achega (anónima) dun socio de GALPon, puidemos conceder a bolsa a estas dúas rapazas.
- Sara Rodríguez Barrientos de 15 anos, estudante de 3º da ESO no I.E.S. Fco. Daviña Rey de Monforte de Lemos, Lugo
- Clara Piñeiro Ordoñez de 17 anos, estudante de 1º de BAC no IES Praia Barraña de Boiro, A Coruña
Os nosos parabén ás dúas, agardado que gocen da experiencia.
- Log in to post comments